Concello de Ribadeo
19 Marzo, 2026
A XII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar o 12 de setembro.
As inscricións quedan abertas no día de hoxe.
19 Marzo, 2026
A atleta galega Julia Vaquero foi a estrela convidada á X Gala do Deporte do Concello de Ribadeo, que tivo lugar na tarde de onte.
A cita foi unha homenaxe a 383 deportistas ribadenses de 16 disciplinas diferentes polos logros conseguidos durante o pasado ano 2025.
18 Marzo, 2026
Remataron as obras de mellora da rúa Reinante, que xa queda totalmente aberta para os peóns.
A empresa, encargada das obras, realiza esta tarde tarefas de limpeza da rúa para a súa apertura ao tráfico peonil.
18 Marzo, 2026
A orquestra Panorama presentará a súa nova xira Time Tour 2026 no Camiño Norte Fest, que se celebrará en Ribadeo o vindeiro 2 de abril.
Na presentación do Camiño Norte Fest participaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Turismo e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo, así como a Comisión de Festas de Ribadeo.
17 Marzo, 2026
Ribadeo continúa coas charlas sobre saúde polas parroquias con moi boa acollida.
Estas sesións, enmarcadas no programa Preto de Ti, están impartidas por María Roel, enfermeira da Área de Benestar Social, Saúde e Familia do Concello ribadense.
17 Marzo, 2026
Ribadeo inviste 20.000 euros na mellora da rúa Virxe do Camiño. As obras xa se iniciaron onte.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “comezaron as obras na rúa Virxe do Camiño, concretamente nas beirarrúas, que estaban dando moitos problemas a todos os veciños e veciñas."
16 Marzo, 2026
Máis de 200 alumnxs asistiron ao contacontos “O mundo ao revés” no Auditorio Municipal.
A actividade, a cargo do grupo Trémola Teatro, enmarcouse dentro da programación organizada con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
14 Marzo, 2026
Coa presentación do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas Profesionais nas que se deron cita medio cento de persoas.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, fixo unha valoración positiva e apostou “por reflexionar de que o coidado é unha capacidade humana que temos todas e todos, homes e mulleres, non é so…
13 Marzo, 2026
O alcalde, Dani Vega, mantivo un encontro con representantes do Exército na Casa do Concello nesta xornada.
Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
13 Marzo, 2026
Ribadeo mellorará a accesibilidade na zona da rúa Virxe do Camiño.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño. Concretamente vamos actuar nas beirarrúas, que os veciños levan reclamando anos e anos e pedindo que foran mais…











