O 26 de abril segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. 

Volta o Domingueo en Ribadeo, que se desenvolverá desde este domingo, 19 de abril, con actuacións musicais durante seis mediodías dominicais.

O 26 de abril segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. 

Este vindeiro domingo Sintético Fantástico actuará nas Catro Calles a partires das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila. 

O Domingueo en Ribadeo continuará os días 3 e 31 de maio e 7 e 14 de xuño por diferentes localizacións. 

Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou calquera outra xornada. Co bo tempo a programación de actividades na rúa increméntase, os días son grandes e toca aproveitalos ao máximo”. 

Ir o contido