Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2026”

A Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho convoca unha nova edición do certame de narración e debuxo dirixido a nenos e nenas de ata 16 anos.

Baixo o lema “Medrar lendo”, búscase que os participantes compartan, a través das súas historias ou debuxos, eses momentos especiais nos que os libros forman parte das súas vidas. Poderán presentarse traballos en dúas modalidades —narración en galego (cun máximo dun folio) ou debuxo en tamaño aproximado DIN A4—, distribuídos en tres categorías segundo a idade.

O prazo de entrega remata o 12 de maio na biblioteca municipal, e as persoas premiadas recibirán un diploma e un lote de libros. O fallo do xurado darase a coñecer na semana do 18 ao 24 de maio.

Unha oportunidade perfecta para crear, imaxinar e medrar a través da lectura. Anímate a participar!

BASES CERTAME NARRACIÓN E DEBUXO LETRAS GALEGAS 2026
Ir o contido