Ribadeo lembra a través dun bando a obriga de esterilizar os gatos por parte dos particulares.

Ribadeo lembra a través dun bando a obriga de esterilizar os gatos por parte dos particulares.

O Concello de Ribadeo lembra a través dun bando a obriga de esterilizar os gatos por parte dos particulares. 

No bando indícase que “o Concello de Ribadeo, coa inestimable colaboración de voluntariado, leva realizado un gran esforzo na creación e mantemento de colonias felinas, resultando que a día de hoxe pode afirmarse que a totalidade dos gatos e gatas destas colonias están identificados, esterilizados e contan con control veterinario”. 

Subliña que “entramos na época de cría felina e a experiencia de anos anteriores dinos que un mal comportamento por parte de determinados veciños/as non esterilizando gatos/as da súa responsabilidade está contribuíndo á aparición de novas camadas en distintos lugares do termo municipal de Ribadeo, o que bota por terra todo o esforzo realizado”. 

O bando recolle que “a Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia establece no seu artigo 7.3.d como obrigación evitar a reprodución incontrolada dos animais, cuxo incumprimento supón unha infracción grave (artigo 39.f), o que implica unha multa de 501 a 5.000 € (artigo 41.b)”. E que “no marco legal estatal, a Lei 7/2023, do 28 de marzo, de protección dos dereitos e o benestar dos animais, no artigo 26.i establece a obrigación de Identificar mediante microchip e proceder á esterilización cirúrxica de tódolos gatos antes dos seis meses de idade…, cuxo incumprimento correspóndese cunha infracción leve (artigo 73), supoñendo unha sanción de 500 a 10.000 € (artigo 76.1.a)”.

Ir o contido