Concello de Ribadeo

Concellaría de Deporte e Mocidade

Francisco Silvent ocupa o cargo de concelleiro das Concellarías de Deporte e Mocidade. A continuación ofrecémosche un breve resumo das competencias e obxectivos que ten asignada cada unha das áreas das que é responsable.

Área de Mocidade

Que queremos?

O noso quere ser un traballo:

• Relacional, aberto e negociado, desde o que apostarmos por fortalecer as ideas e os valores que constrúen maior consciencia crítica, maior cohesión social e máis calidade democrática.
• Que outorgue importancia ao que, mais tamén ao como.
• Que fomente a interacción coa realidade diversa e plural para propiciar o asentamento de boas prácticas democrticas na xestión do ámbito público, do que é de todos e todas.
• Que convide ao debate, á participación, á corresponsabilidade nos proxectos, ao acompañamento e avaliación do traballo.
• Que sexa activo, mais tamén variado, flexíbel e capaz de se adaptar á natureza, vontade e necesidades dos axentes cos que traballemos: seremos punto de encontro, motor de iniciativas, espazo físico ou virtual, nódulo de dinámicas, caixa de recursos, opción de financiamento,…

Servizos que ofrecemos

• Facilitamos información sobre a oferta de programas de lecer, tempo libre e formación que desenvolven para a mocidade as diferentes administracións.
• Prestamos apoio aos estudantes universitarios de Ribadeo.
• Ofrecemos apoio na busca de vivenda, na formación continua e na inserción laboral da mocidade de Ribadeo.
• Apoiamos a creación artística da mocidade ribadense.
• Favorecemos o coñecemento, a posta en valor e a difusión da historia, a memoria e o patrimonio de Ribadeo entre a mocidade.
• Apostamos pola sensibilización dos mozos e mozas na igualdade de xénero, na sostinibilidade medioambiental e na diversidade cultural e lingüística.
• Dámos información á mocidade en ámbitos como a sexualidade, as drogodependencias, a violencia de xénero,…
• Xeramos, xunto con outros colectivos, alternativas de lecer e de ocio para a xente nova.
• Potenciamos a práctica deportiva xuvenil en Ribadeo.
• Orientamos a vontade de cooperación solidaria da xente moza cara as necesidades concretas que existen no noso Concello.
• Creamos novas fórmulas de mediación para detectar os desexos, as necesidades e os problemas da mocidade de Ribadeo.
• Impulsamos canles de interlocución e participación da mocidade en relación aos servizos e políticas do Concello.

Área de Deportes

Desde a área de Deportes quérese aproveitar e potenciar a organización das persoas para favorecer a vertebración da sociedade e aumentar o número de colectivos que configura o panorama deportivo ribadense, colaborando cos xa existentes e desenvolvendo actividades que cheguen a toda a cidadanía.
Entre os moitos obxectivos marcados están os de incrementar a cantidade e a calidade destas actividades e do número de participantes, inducir á práctica deportiva aos novos colectivos, fomentar a participación cidadá na xestión deportiva, potenciar o deporte de base, mellorar as infraestruturas e equipamentos deportivos municipais e, sobre todo, fomentar a solidariedade co conxunto do territorio e a promoción de valores transversais asociados á práctica do deporte (respecto polo medio ambiente, igualdade de sexos…).

A onde dirixirse

Concellaría de Deporte e Mocidade
Rúa Antonio Otero N15
27700 Ribadeo
Teléfonos: 982.12.98.89
Correo electrónico: omix@ribadeo.gal