Concello de Ribadeo

Ove

Ove linda polo nordeste con Ribadeo, tendo parte deste núcleo urbano no seu territorio, e con Vilaselán. Polo norte e o noroeste fai fronteira con Piñeira; polo oeste con Covelas; polo sur con Santalla de Vilausede, co río Grande como elemento conformador de boa parte deste linde; e polo leste co estuario do río Eo.

Cunha superficie de 17,24 km2 e unha densidade de 25,40 habitantes/km2, Ove suma 438 habitantes no seu territorio (INE 2007). Estes, distribúense nos núcleos de As Aceñas (7 habitantes), Acevedo (5), A Capela (6), As Casas Novas (10), O Covo (7), A Faxarda (31), Frieira A Nova (18), Frieira A Vella (5), Os Garitos (29), A Graña (14), Os Guildeiros (1), A Eirexa (36), Chao (27), A Palmeira (62), Pastoriza (22), Reme de Abaixo (15), O Río de Ove (5), O Río de Ramos (abandonado), Santa Cruz (17), O Valín (2), Vilar (1 habitante), Os Malatos (8), O Río Pequeno (12), A Veigadaira (33), Seixadelo (3), O Chao de Ove (49), A Estación (13); no seu territorio aparecen tamén os seguintes lugares formando parte dalgunha das devanditas entidades: A Escaleira, Grañol, Ove, A Pega, San Lázaro, As Travesas de Ove, A Vilavella e O Xardín

Ten unha altitude media de 40 metros.

Equipamentos

Telecentro de Ove
Local que forma parte da Rede de Telecentros de Ribadeo e que conta cun equipamento informático completo, de 12 ordenadores con conexión a internet.

Festas

Día da gaita ou Xira de Santa Cruz
San Xoán
Santa Cruz

Patrimonio

Capela de planta rectangular e cuberta a dúas augas. Os muros, de cachotaría, están revestidos en morteiro. A porta ten lintel e van que permite a iluminación interior. Tamén posúe espadana sinxela con remates en punta de diamante.

Está ben conservada, aínda que se empregaron materiais modernos na súa última reparación (1998).

Lugar

Parroquia: Ove (San Xoán)

Esta capela está documentada no ano 1805. Foi reparada en 1989, realizándose diversos cambios, como a desaparición do pórtico que se atopaba entre dúas antas e que foi engadido á única nave que ten capela e así mesmo a desaparición da sancristía, que tamén foi engadida á nave.

Presenta nave de planta rectangular con muros de cachotaría revestidos en morteiro e pintados. A cuberta é a dúas augas e o beiril a tres, os dous formados por entramado de madeira. Sobre o beiril ten unha cruz en relevo con todos os brazos iguais. Posúe porta don lintel e vans a ambos lados da mesma con xambas en derrame. A espadana é sinxela, dun só corpo e rematada cunha cruz.

Observacións

Sitúase no monte do mesmo nome, dende onde se pode observar boa parte da ría, da costa e das poboacións máis próximas, algo que fai moi recomendable a súa visita.

Lugar

Parroquia: Ove (San Xoán)

Capela de nave única separada do presbiterio por un arco de asa de canastra e cuberta a dúas augas. A espadana, dun só corpo, posúe van de medio punto para a campá. Os muros están revestidos en morteiro e branqueados.

Lugar

Parroquia: Ove (San Xoán)

Capela de nave de planta rectangular con torres en forma de cubo nos catro ángulos e o centro dos muros laterais. A cuberta, a dúas augas, non se atopa en bo estado.

Lugar

Parroquia: Ove (San Xoán)

Edificio de planta rectangular construído en dúas alturas con muros revestidos en morteiro, portas e ventas con lintel e carpintería de madeira e tres portasdaire con balconada interior na segunda planta.
Posúe unha gran inscrición no seu alzado principal.

Lugar

Parroquia: Ove (San Xoán)

Edificio de planta rectangular e dúas alturas. Presenta muros de cachotaría con revestimento de morteiro e cuberta a catro augas. A porta de acceso ten lintel e as ventás son rectangulares con batente en catro corpos. Presenta pequenos vans rectangulares nun dos seus alzados e portasdaire na planta alta.

Lugar

Parroquia: Ove (San Xoán)

Xacemento que consta dun recinto principal que ao noroeste ten un terraplén e ao sudoeste estruturas defensivas. A súa coroa está defendida por dous parapetos nos que hai dous foxos.

Observacións

Está adscrito á idade de ferro romana.

Lugar

Parroquia: Ove (San Xoán)

Templo do século XVII con varias reformas posteriores. Posúe nave rectangular con cuberta a dúas augas sobre armadura de madeira con falso entaboamento interior. O frontispicio ten espadana de dous vans e pórtico protector.

Destaca no seu interior o retablo rococó do presbiterio, de dous corpos. Nas naves laterais hai outros dous do mesmo estilo.

Observacións

Atópase situada no centro do pobo e acompañada, moi de preto, por varios hórreos e casas típicas da zona.

Lugar

Parroquia: Ove (San Xoán)

Muíño de mar situado na enseada do mesmo nome. Aínda que non hai ningún documento que o confirme, poderíase fixar a súa antigüidade entre cincocentos ou seiscentos anos, segundo o seu propietario actual. Consiste nun muro de contención do mar, moi deteriorado, que non pecha por completo a enseada, e do propio muíño onde se sitúa o rodete.

Lugar

Parroquia: Ove (San Xoán)