Novo obradoiro de emprego dos Concello de Ribadeo e Barreiros

O novo obradoiro de emprego dos Concello de Ribadeo e Barreiros dará comezo o 1 de xuño e contará con 20 alumnxs, que se formarán en dúas especialidades. A Xunta de Galicia financia o programa Constrúe en Verde II.
O alcalde, Dani Vega, contou que “os Concellos de Ribadeo e Barreiros volvemos solicitar os obradoiros de emprego. Desde logo, creo que é o camiño correcto, creo que hai que seguir nesta liña conxunta colaborando no que realmente é importante, é dicir formar á xente para que teña unha posibilidade de buscar un emprego. Constrúe en Verde significa mais futuro, significa tamén contribuír á creación de emprego e axudar a todas aquelas persoas que están nunha busca activa de emprego a ter posibilidades, a través da formación que é clave”.
O rexedor explicou que “nestes momentos van ser 20 alumnos, vai haber tamén profesorado. E este obradoiro, que vai durar nove meses, xa o temos aprobado e Constrúe en Verde tamén significa contribuír a través dun obradoiro de formación a seguir rehabilitando espazos naturais verdes ou espazos municipais, como pode ser o auditorio ou a nave municipal, distintos locais, distintas propiedades de titularidade municipal que necesitan arranxos”.
Vega engadiu: “e en Barreiros a súa proposta. E en conxunto a partir do 1 de xuño vamos ter persoas que a través da formación, que van a traballar no Concello e cunha vocación clara de busca de emprego”.
O obradoiro de emprego contará con dúas especialidades, cada unha delas dotada de 10 prazas. A formación será impartida de xuño de 2026 a febreiro de 2027. O investimento destinado a este proxecto ascende a 480.000 euros.

