Concello de Ribadeo

Concellaría de Medio Rural, Medio Ambiente e Infraestructuras

Diego Dos Santos é o máximo responsable da Concellaría de Medio Rural, Medio Ambiente e Infraestructuras. Coñece aquí as competencias e os obxectivos que ten marcada esta Concellaría en cada unha das súas áreas.

Área de Medio Ambiente

Que queremos?

O noso quere ser un traballo:
• Que axude á construción dun concello sostíbel que mellore a calidade de vida das veciñas e veciños de Ribadeo.
• Que incorpore as variábeis ambientais ao funcionamento da administración local.
• Que traballe en prol de sistemas de depuración de augas máis modernos e que causen o menor impacto posíbel no medio natural.
• Que manteña a calidade dos areais do Concello de Ribadeo.
• Que coide dos espazos naturais do concello, en especial daqueles que forman parte da Rede Natura ou dos LIC (Lugares de Importancia Comunitaria) Ría de Ribadeo e Praia das Catedrais.
• Que garanta os dereitos dos consumidores/as, respondendo de xeito eficiente as súas demandas.
• Que mellore a xestión do cemiterio municipal.
Servizos que ofrecemos
• Control, a través dun sistema de xestión ambiental, da eficiencia enerxética dos edificios municipais.
• Asesoramento á cidadanía en materia de sostenibilidade.
• Programa de recollida selectiva de residuos para un mellor tratamento posterior dos mesmos.
• Xestión do Punto Limpo municipal.
• Posta en marcha do servizo de compostaxe caseiro.
• Limpeza e mantemento das praias e coordinación das distincións “Bandeira Azul” e “Q de Calidade Turística” dos areais.
• Adecentamento das áreas públicas de lecer coas que conta Ribadeo.
• Xestión da Oficina Municipal de Información aos Consumidores/as.
• Xestión e coidado do ceminterio municipal.

A onde dirixirse

MEDIO AMBIENTE
Casa do Concello

Prza de España 1
27700 Ribadeo

Tlf: 982 120 701
medioambiente@ribadeo.gal