A Biblioteca Pública Municipal «El Viejo Pancho» de Ribadeo convoca unha nova edición do Certame de Poesía Infantil Nadal 2026, na súa fase local.

cartel certame nadal 2026

A Biblioteca Pública Municipal «El Viejo Pancho» de Ribadeo convoca unha nova edición do Certame de Poesía Infantil Nadal 2026, na súa fase local.

Unha proposta para que os nenos, nenas e mozos e mozas ata os 16 anos dean renda solta á súa creatividade e compartan a súa visión do Nadal a través da poesía.

Quen pode participar?

Categoría A: ata 8 anos.

Categoría B: de 9 a 11 anos.

Categoría C: de 12 a 16 anos.

Requisitos:

Os poemas deberán estar escritos en galego e ter como tema o Nadal.

A extensión máxima será dun folio por unha soa cara.

Poderán presentarse escritos a man (con bolígrafo) ou a computador.

Cada participante poderá presentar cantos traballos desexe.

Prazo de presentación: ata o 18 de decembro de 2026.

Os traballos deberán entregarse na Biblioteca Pública Municipal. Os gañadores de cada categoría recibirán un diploma acreditativo e un lote de libros, e pasarán á fase provincial do certame.

Animádevos a participar e a encher de poesía este Nadal!

BASES CERTAME 2026
Ir o contido