Concello de Ribadeo

Concellaría de Facenda, Cultura, Educación e Igualdade

Begoña Sanjurjo é a máxima responsable da Concellaría de Facenda, Cultura, Educación e Igualdade. Coñece aquí as competencias e os obxectivos que ten marcada esta Concellaría en cada unha das súas áreas.

Área de Igualdade

A través da Concellaría de Igualdade lévanse a cabo políticas dirixidas especificamente ás mulleres pero tamén á sociedade en xeral. O obxectivo destas medidas é favorecer a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a erradicación da violencia de xénero, a conciliación da vida familiar e laboral e o fomento daqueles proxectos que, impulsados por colectivos de mulleres, contribúan ao logro destes fins.

Trabállase, así, arredor de catro liñas básicas:

A dinamización e sensibilización da cidadanía, mediante campañas se sensibilización dirixidas aos diferentes sectores da poboación, aos centros educativos… e a través de actividades de ocio e tempo libre para as mulleres.

O fomento, a participación e o empoderamento das mulleres. Para isto, creouse o Consello Municipal da Muller, onde están representadas as mulleres das parroquias ribadenses; dos sectores sanitario, educativo, comercial…; das asociacións de mulleres, dos partidos políticos, dos sindicatos… A través del organízase un bo número de actividades para as mulleres, tales como obradoiros de autoestima, de risoterapia, cursos de natación terapéutica, foros…

O acceso á información, ao asesoramento e aos recursos. Mediante o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Ribadeo garantimos o acceso en igualdade de oportunidades de todas as mulleres á información e aos recursos públicos e privados.

A abordaxe integral da violencia de xénero, mediante políticas de prevención da violencia de xénero e accións destinadas a garantir a asistencia e a protección das vítimas con actuacións de carácter integral.

A onde dirixirse

Área de Educación
Casa do Concello
Praza de España, 1
27700 Ribadeo
Teléfono:
982 120 701

Área de Igualdade

Bos Aires, 14. 1º andar
27700 Ribadeo
Teléfono: 982 120 739
Correo electrónico: cima@ribadeo.gal