Ribadeo recibiu esta tarde unha doazón da familia da poeta local Luz Pozo Garza.

Ribadeo recibiu esta tarde unha doazón da familia da poeta local Luz Pozo Garza. Trátase dun piano e dun retrato, que xa están instalados na Aula Nª 4 da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
Gonzalo Vázquez Pozo fixo entrega do piano, que ten 123 anos, tal e como el lles explicou aos nenos e ao público asistente. No acto deu lectura a un poema da súa nai titulado Ribadeo, Ribadeo. Antes tomou a palabra a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, que agradeceu a doazón da filla predilecta de Ribadeo, e leu un extracto dun artigo de Lois Celeiro do libro Andares. Deste xeito se homenaxeou a Luz Pozo no cabodano do seu pasamento e nas vésperas do Día do Libro. O alcalde, Dani Vega, achegou aos nenos e nenas á figura de Luz Pozo Garza e contou como se fraguou esta doazón. O rexedor tivo palabras de agradecemento para González Vázquez Pozo pola súa xenerosidade e para Toni Deaño pola súa axuda. E a concelleira de Cultura agradeceu “a Hugo e a Martín a implicación para transcribir e interpretar o vals composto por Luz Pozo Garza co que rematou o acto desta tarde”.
O piano da poeta ribadense soou hoxe na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.

