Concello de Ribadeo

Familia e infancia

O traballo con familias e coas crianzas é vital para todos/as os/as profesionais que se dedican a temas sociais. Do mesmo xeito que a infancia e o periodo no que ten lugar dun xeito máis intenso o proceso de socialización dunha persoa, a familia é o núcleo no que se inicia este proceso e onde se xeran os mecanismos para a resolución dos propios problemas.

Vixiar e colaborar no benestar das familias pode axudar a evitar e previr situacións de risco que poderían conducir ao deterioro desta e, polo tanto, das persoas que a forman. A través dos/as profesionais de Servizos Sociais do Concello de Ribadeo, as persoas interesadas poderán obter información e asesoramento sobre os seguintes recursos e prestacións, todas elas dirixidas a núcleos familiares e a nenos/as:

  • Axudas periódicas de prevención e apoio as familias para a integración do menor
  • Título de familia numerosa
  • IRPF: abono mensual anticipado da dedución por maternidade para traballadoras con fillos menores de 3 anos
  • Pago de 2.500 euros por nacemento ou adopción de fillos
  • Prestación económica de pagamento único por fillo menor a cargo
  • Cheque infantil: axudas para a atención da primeira infancia en centros non sostidos con fondos públicos
  • Prestacións familiares por fillo a cargo da Seguridade Social
  • Incentivos á contratación dirixidos a favorece-la conciliación da vida laboral e familiar
  • Axudas á conciliación da vida familiar e laboral
  • Becas do Ministerio de Educación (web do MEC)
  • Axudas para alumnos con necesidades educativas especiais
  • Deducións familiares IRPF

Así mesmo, poderán informarse sobre os seguintes programas:

  • Intervención en casos de maltrato infantil
  • Programa de axuda no fogar
  • Programa de educación familiar
  • Adopción
  • Acollemento Familiar
  • Preescolar na Casa-Educar en Familia
  • Apoio ás familias monoparentais
  • Programa de leite escolar
  • Medidas de Medio Aberto
  • Puntos de Encontro
  • Atención directa a menores:
  • Teléfono da infancia: 900 333 666
  • Servizo de atención ao menor

Documentación relacionada

Programa de axuda no fogarPrograma de educación familiar