Ribadeo segue investindo nas estradas en varias parroquias do municipio.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “seguimos investindo nas estradas de competencia municipal, a través do Plan Único da Deputación, 373.000 euros de inversión para actuar en varias parroquias. Estamos actuando na Devesa, tamén en Vilaframil, en Piñeira, en Ove, en Couxela, en cada unha delas estamos investindo e mellorando as vías de comunicación”.
O rexedor dixo: “xa non soamente no novo aglomerado que se está incorporando, senón tamén en moitas delas canalizando e recollendo as augas, que é fundamental. Por exemplo, estamos actuando na Devesa, recollendo todas as augas que os veciños levaban reclamando moitísimo tempo e aquilo estaba realmente abandonado e causándolle problemas a todos os veciños. E polo tanto a actuación é moi importante, estamos tamén a recoller as augas en Ove, concretamente no barrio de Santa Cruz e así paulatinamente iremos mellorando”.
Vega declarou: “nestes momentos o Plan Único actual son 373.000 euros de mellora que quixemos actuar naquelas parroquias onde había un deterioro nas estradas. Evidentemente, en todas as parroquias hai problemas, as estradas debemos seguir mellorándoas, non nos podemos conformar, todo contrario, seguir xestionando orzamento, pero creo que se da un paso bastante importante. Xa estamos preparando para licitar o seguinte Plan Único da Deputación para volver a investir máis, neste caso incrementamos un pouco a partida presupostaria e así seguiremos mellorando as nosas vías de comunicación, que son fundamentais, porque debemos investir nas parroquias, seguir investindo no noso rural”.

