Concello de Ribadeo

Limpeza de ríos e regos por parte de veciños

O Concello de Ribadeo conta cunha autorización xenérica para realizar traballos de retirada de árbores secas e corta e poda de vexetación en ríos e regos do termo municipal que son competencia da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, é dicir, os que desembocan no río Eo ou na ría de Ribadeo. Aquelas persoas que desexen facer uso desta autorización deben presentar unha comunicación no Concello de Ribadeo seguindo o formulario establecido, o cal se xunta á marxe dereita.

Por outra banda, os ríos e regos que desembocan na costa, no mar Cantábrico, resultan da competencia de Augas de Galicia. Neste caso, á hora de realizar estes traballos menores de limpeza de ríos e regos, a xestión administrativa necesaria debe realizarse directamente ante o organismo autonómico: augasdegalicia.xunta.gal