O Ribadeo Indiano, premiado pola Sociedade Española de Antropoloxía e Tradicións Populares.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “soubemos onte que a Sociedade Española de Antropoloxía e Tradicións Populares concede o Premio Nacional de Tradiciones Populares 2026 á celebración do Ribadeo Indiano. Indican que recoñecen así unha celebración que soubo transformar un importante capítulo da historia de Ribadeo nunha expresión viva da súa identidade colectiva, mantendo presente o recordo de quen tivo que abandonar súa terra en busca de novas oportunidades”.
A edil ribadense manifestou que “ademais de coidar o patrimonio arquitectónico e cultural legado polos indianos, tamén lembramos a súa contribución ó progreso económico e social do concello, a través de iniciativas educativas culturais e asistenciais que beneficiaron a xeracións de ribadenses. O Ribadeo Indiano mantén viva esta memoria e transmítella ás novas xeracións, convertendo a historia nunha celebración compartida e o patrimonio nun motivo de encontro e orgullo colectivo”.
Sanjurjo subliñou que “recibimos con grande honor a felicitación ao Concello de Ribadeo, ás entidades organizadoras e a todos os veciños e veciñas que, con seu entusiasmo e participación, contribúen a manter viva esta singular tradición. En poucas datas recolleremos este galardón, que é de toda a veciñanza”.

