Concello de Ribadeo
16 Marzo, 2026
Máis de 200 alumnxs asistiron ao contacontos “O mundo ao revés” no Auditorio Municipal.
A actividade, a cargo do grupo Trémola Teatro, enmarcouse dentro da programación organizada con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
14 Marzo, 2026
Coa presentación do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas Profesionais nas que se deron cita medio cento de persoas.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, fixo unha valoración positiva e apostou “por reflexionar de que o coidado é unha capacidade humana que temos todas e todos, homes e mulleres, non é so…
13 Marzo, 2026
O alcalde, Dani Vega, mantivo un encontro con representantes do Exército na Casa do Concello nesta xornada.
Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
13 Marzo, 2026
Ribadeo mellorará a accesibilidade na zona da rúa Virxe do Camiño.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño. Concretamente vamos actuar nas beirarrúas, que os veciños levan reclamando anos e anos e pedindo que foran mais…
12 Marzo, 2026
O alcalde, Dani Vega, valora de xeito moi positivo a xuntanza mantida co conselleiro de Emprego e Comercio, que serviu para establecer novas vías de colaboración.
O rexedor subliñou: “foi unha reunión positiva, unha reunión na que conseguimos grandes investimentos para que Ribadeo siga avanzando”.
12 Marzo, 2026
A EMMeD de Ribadeo organiza audicións abertas ao público entre os meses de marzo e xuño.
A primeira das audicións será a do alumnado de clarinete e frauta, que terá lugar o vindeiro martes, 17 de marzo, no Salón de Actos.
11 Marzo, 2026
A novena edición dos Cantos de Taberna, que organiza o Concello de Ribadeo, terá lugar o 9 de maio.
A inscrición estará aberta ata o 30 de abril a través do correo electrónico cantosdetaberna@ribadeo.gal.
9 Marzo, 2026
Ribadeo pon en marcha un Aula de Teatro, que botará a andar o 15 de marzo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “na Concellería de Cultura queremos animar a todas as persoas que gustan da interpretación a participar na Aula de Teatro".











