Subvencións da Deputación de Lugo para Asociacións Culturais – 2026

Infórmase de que a Deputación Provincial de Lugo publicou no BOP do día 11 de marzo a convocatoria de dúas liñas de subvencións dirixidas a asociacións culturais sen ánimo de lucro da provincia para o ano 2026.

Actividades culturais Para a realización de actividades de interese cultural (promoción da historia, música, tradicións e lingua galega). Axuda entre 800 € e 3.000 €.

Investimentos culturais Para mellora de locais culturais ou adquisición de equipamento cultural das asociacións.

Entre 800 € e 3.000 € para instalacións e 800 € – 2.000 € para equipamento.

Prazo de solicitude: 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación no BOP da provincia de Lugo.

Toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF. Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

1. Acceder á sede electrónica

2. Subvencións

3. Subvencións de concorrencia competitiva de CULTURA

4. Alta de solicitude

Se desexa presentar máis dunha solicitude (por actividades culturais + por investimentos e equipamentos culturais) deberá crear un expediente INDIVIDUALIZADO para cada convocatoria.

Ir o contido