Máis de 200 alumnxs asistiron ao contacontos “O mundo ao revés” no Auditorio Municipal.

Máis de 200 alumnxs asistiron ao contacontos “O mundo ao revés” no Auditorio Municipal.

Máis de 200 alumnas e alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria dos centros educativos Gregorio Sanz e Sagrado Corazón asistiron ao contacontos “O mundo ao revés”, celebrado no Auditorio Municipal.

A actividade, a cargo do grupo Trémola Teatro, enmarcouse dentro da programación organizada con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, e tivo como obxectivo promover entre o alumnado a reflexión sobre a igualdade entre mulleres e homes a través da narración, o humor e a participación.

Durante a sesión, o alumnado puido achegarse a historias nas que os roles tradicionais se invertían, convidando a pensar sobre os estereotipos de xénero e a importancia de construír unha sociedade máis xusta e igualitaria desde idades temperás.

Desde a Concellería de Igualdade e desde o CIM valoran “moi positivamente a participación e o interese amosado polo alumnado, é importante continuar impulsando actividades educativas que fomenten a igualdade e o respecto desde a infancia dentro da programación do 8M”. 

Ir o contido