Ribadeo celebra con éxito a primeira charla de saúde do programa Preto de ti en Vilaselán.

Onte, 10 de marzo, tivo lugar en Vilaselán a primeira charla de saúde do programa Preto de ti, organizada pola Consellería de Benestar Social, Saúde e Familia. A cita contou cunha alta participación e moi dinámica. A xente achegouse a informarse e reflexionar sobre hábitos saudables, neste caso centrados no colesterol e, sobre todo, na prevención da saúde cardiovascular.
As charlas impartidas pola enfermeira María Roel amplíanse para chegar a máis parroquias, neste caso a Vilaframil, onde terá lugar o 7 de abril.
Hoxe, 11 de marzo, haberá charla en Ribadeo ás 18:00 horas; mañá, día 12, ás 16:15 horas en Cedofeita; o 17 de marzo será na Devesa ás 10 da mañá; tamén o 17 en Arante ás 16:30 horas; en Cinxe o 23 de marzo ás 16:15 horas; e en Rinlo o día 24 ás 16:15 horas.
A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, anima á veciñanza a seguir asistindo ao resto de charlas nas parroquias para aprender a coidarse no día a día e manter unha boa calidade de vida.
Pola súa banda, o alcalde Daniel Vega insistiu na importancia de continuar nesta liña, coidando a todos os veciños e veciñas de Ribadeo.

