O alcalde, Dani Vega, valora de xeito moi positivo a xuntanza mantida co conselleiro de Emprego e Comercio, que serviu para establecer novas vías de colaboración.

O alcalde, Dani Vega, valora de xeito moi positivo a xuntanza mantida co conselleiro de Emprego e Comercio, José González, que serviu para establecer novas vías de colaboración.
O rexedor contou que “esta reunión que mantivemos co conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración foi realmente positiva. Nosoutros trasladamos certas cuestións que son fundamentais, entendendo que Ribadeo é esa capital comercial da Mariña e do Occidente asturiano. Estamos acollendo sistematicamente a moitas persoas e polo tanto temos necesidades”.
Vega declarou: “entendendo que a Xunta colabora sistematicamente con Ribadeo, con Acisa, con todas as iniciativas que temos, tamén trasladamos certas propostas innovadoras. Seguir apostando pola pancha, seguir apostando pola actividade na praza de abastos, tamén seguir dinamizando o comercio de proximidade, démonos conta de que cando lle compramos a unha tenda de Ribadeo, a unha tenda local, estámoslle comprando a un veciño. Temos que ter esa parte de iniciativa, esa parte de dinamización de Ribadeo. E queremos seguir nesa liña. Estamos empeñados en colaborar con todo o noso comercio, con moitas propostas”.
O alcalde contou que “estamos tamén traballando na liña da recuperación da praza de abastos. Esa inversión, que fai poucos días anunciábamos, que por parte da Consellería, concretamente de Comercio, nos axudaban con 200.000 euros para renovar toda a cuberta da praza de abastos. E tamén seguir apostando por iniciativas como a Gastropraza, que é dinamizar a praza de abastos, polo tanto necesitamos orzamento”.
Dani Vega tivo palabras de agradecemento para José González: “agradecemos ao conselleiro esta reunión, unha reunión que tiñamos ganas de que se producira, porque pareciamos fundamental preparar as cousas, anticiparnos e ter a iniciativa de seguir a ser esa capital comercial, esa capital do comercio que é Ribadeo. Vamos seguir apostando por iniciativas para apoiar o noso comercio local e vamos seguir tamén na liña de buscar espazos locais para dinamizar e darlle tamén un punto diferencial, darlle un valor engadido ao comercio, desde a formación, que eu creo que é moi importante para seguir na liña da profesionalización”.
O rexedor subliñou: “foi unha reunión positiva, unha reunión na que conseguimos grandes investimentos para que Ribadeo siga avanzando”.

