Concello de Ribadeo

Este domingo, 12 de xaneiro, volven os Seráns de Teatro, que organiza o Concello de Ribadeo.

O Grupo de Teatro A Adala Futura, de Fazouro, porá en escena Rosalía Café a partir das 19 horas na Escola de Vilaframil.

volven os serans de teatro

A Xunta investirá 9 millóns de euros en importantes proxectos de Ribadeo. O principal será o abastecemento de auga.

Ribadeo está na axenda da Xunta, así o subliñou o alcalde, Dani Vega, despois de reunirse con Alfonso Rueda, o presidente.

Un total de 6.450 persoas pasaron pola pista de xeo de Ribadeo este Nadal, que se converteu nun auténtico reclamo no litoral norte entre Santander e A Coruña.

Así o subliñou hoxe o alcalde, Dani Vega, que fixo un balance moi positivo das pasadas festas.

balance nadal ribadeo

O vindeiro venres, 10 de xaneiro, terá lugar o 1º Empanadeo, organizado polo Ribadeo FC.

Será a partir das 19:00 horas na carpa situada na Avenida Rosalía de Castro.

empanadeo ribadeo fc

Gran concerto de Reis na igrexa parroquial de Ribadeo o pasado sábado.

Manoele de Felisa ofreceu un repertorio composto por alalás, romances, poemas musicados e composicións propias e despois actuou xunto á Coral Polifónica de Ribadeo e ao Coro Sagrado Corazón.

gran concerto reis ribadeo

Os Reis Magos visitarán mañá, venres, en Ribadeo a residencia de maiores e o centro de día.

Os Reis Magos visitarán mañá, venres, en Ribadeo a residencia de maiores e o centro de día.

O alcalde, Dani Vega, cualifica de exitosa a campaña das Panchas, que rematou o pasado 31 de decembro.

O alcalde, Dani Vega, cualifica de exitosa a campaña das Panchas, que rematou o pasado 31 de decembro. Durante máis de tres meses foron canxeadas preto de 240.000 panchas.