Hoxe arrincan en Ribadeo na pista multideporte as noites de verán organizadas polo Concello.

Hoxe arrincan en Ribadeo na pista multideporte as noites de verán organizadas polo Concello.

Hoxe arrincan as noites de verán organizadas pola Concellería de Mocidade e Deportes. Será na pista multideporte cun mini torneo de fútbol sala 3×3, que se desenvolverá ata o mércores, día 15, en horario de dez a doce da noite e cos equipos por categoría de idade (sub 12, 15, 17 e senior). E do 20 ao 22 de xullo tamén pola noite na pista multideporte e nas mesmas categorías terá lugar un mini torneo de baloncesto 3×3.

Mañá, día 14, de 16 a 19:30 horas haberá festa acuática con inchables na auga, kaiak e pádel na praia dos Bloques, cita que volverá repetirse o 20 de agosto no mesmo horario e no mesmo areal.

Ademais o 29 de xullo haberá kaiaks de 16 a 19:30 horas; o 30 de xullo no mesmo horario paddel surf; e deslizadores acuáticos o 4 de agosto de 16 a 19:30 horas e os días 5, 6 e 7 de agosto de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse á Casa da Xuventude ou chamando por teléfono ao 982 129 889”.

As actividades de verán foron presentadas polo alcalde, Dani Vega, e polo concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.

Ir o contido