Máis de 60.000 persoas pasaron polo XI Ribadeo Indiano. O alcalde, Dani Vega, subliñou que o impacto económico da celebración superou os 3 millóns de euros e agradeceu todo o traballo realizado.

Máis de 60.000 persoas pasaron polo XI Ribadeo Indiano.

Máis de 60.000 persoas pasaron polo XI Ribadeo Indiano. O alcalde, Dani Vega, subliñou que o impacto económico da celebración superou os 3 millóns de euros e agradeceu todo o traballo realizado.

O rexedor declarou: “a valoración do Ribadeo Indiano é certamente positiva. Primeiro grazas por acudir ao Ribadeo Indiano e grazas a todos os veciños e veciñas por axudarnos a decorar, a coidar e a impulsar outra vez o Ribadeo indiano. Primeiro o que quero é lanzar ese agradecemento tamén a todo o tecido económico tanto á hostalería,  restaurantes, comercios que foron axentes turísticos, informadores de todas as actividades que había no Ribadeo Indiano, e grazas a eles isto é seguir sumando. O que quero trasladar en nome do Concello é un agradecemento profundo a todos os veciños e veciñas por axudar a que Ribadeo volvera brillar. E tamén agradecemento ás administracións, á Xunta, que financia ao Concello con eses 120.000 euros, que é unha colaboración importantísima para que isto se leve  cabo.  E tamén a Acisa, como coorganizadora,  e ás empresas e ás administracións que colaboran con Acisa, tanto á Deputación como ás empresas privadas que tamén patrocinan este evento. Ese segundo agradecemento é á colaboración económica para facer posible este evento”. 

Vega dixo: “terceiro, quero trasladar o agradecemento a todas as áreas do Concello de Ribadeo tanto á Concellería de Cultura, ás persoas que traballan e fan posible que os eventos estean ben organizados, a todos os técnicos municipais, traballadores municipais da Área de Cultura, porque traballaron moito e traballaron moi ben e coordinadamente. Tamén quero felicitar á Área de Medio Ambiente porque as celebracións para que tamén brillen, para que se fale ben do pobo, hai que encontrar os espazos limpos. Ao servizo de limpeza moitas felicidades, porque fixeron un gran traballo, un traballo coordinado e tamén á Área de Medio Ambiente, aos traballadores desta delegación que limpan e conservan os espazos verdes as áreas onde todos despois disfrutamos. Por lo tanto, unha felicitación a Diego, ao concelleiro e a toda a súa área, aos seus traballadores e tamén a Turismo, a Marta, porque fixo un gran traballo, fixeron todas as técnicas de turismo un gran traballo para que isto fora posible. A Acisa tamén unha felicitación porque a coordinación ten que haber un traballo detrás e moita ilusión. Polo tanto, aquí bebemos da ilusión, das ganas de facer cousas e de que Ribadeo teña continuadamente un evento, unha celebración como o Ribadeo Indiano, que trae evidentemente grandes resultados. Mais de 60.000 persoas visitaron Ribadeo, máis de 3 millóns de euros de impacto económico. Son cifras que estivemos analizando perfectamente e hai que destacar. O impacto económico é moi importante. Tamén destacar que o Ribadeo Indiano está consolidado e iso significa que xa continuamente no tempo trae bos resultados e de crecemento. Estamos a falar de que esta celebración evidentemente trae moito turismo e detectamos que empezamos a traer turismo internacional tamén ao Ribadeo Indiano. Son cifras moi positivas”.

O alcalde ribadense manifestou: “tamén destacar que nesta celebración, no Ribadeo Indiano,  volveu brillar a música habanera, volveu brillar a nosa Coral e todas as corais que viñeron, todos os eventos culturais, presentación de libros, exposición fotográfica, vídeos que relataron a situación da asociación de Fillas de Galicia e toda a actividade que houbo tanto nos mercados do ultramar, mercados da terra, as actividades deportivas que se desenvolveron no campo de San Francisco,  a música por todas as rúas e evidentemente tamén felicitar aos cociñeiros da Mariña, que tamén fixeron un traballo moi importante na Praza de Abastos como punto gastronómico e así axudar a que moitos visitantes non se tiveran que ir de Ribadeo e puideran comer e disfrutar eses pratos alí preparados”. 

Dani Vega cre que “o traballo ben feito, ben realizado, da bos resultados e isto é o Ribadeo Indiano 2026.  Moi satisfeitos do traballo feito, tamén destacar os datos que son moi positivos como o impacto económico e xa preparar o Ribadeo Indiano do 2027 para o que xa temos propostas e tamén evidentemente visualizando aquelas cousas que podemos mellorar, tomar nota e así facelo”. 

E engadiu: “un grazas grande, moi grande a todos os veciños e veciñas e tamén un grazas moi profundo a aquelas persoas que nos viñeron visitar e disfrutaron do Ribadeo Indiano canda nós”.

Ir o contido