A Biblioteca Municipal de Ribadeo acollerá o 20 de xullo a conferencia ‘Eclipses ao longo da Historia: medo, mito e ciencia’.

A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, organiza o vindeiro 20 de xullo, ás 20:00 horas, a conferencia Eclipses ao longo da Historia: medo, mito e ciencia, impartida por Juan Nolasco, do Planetário do Porto – Centro Ciência Viva (Portugal).
A actividade toma como punto de partida o eclipse solar do 12 de agosto de 2026, un dos fenómenos astronómicos máis relevantes das últimas décadas na península ibérica. Ao longo da conferencia, o relator ofrecerá un percorrido pola historia dos eclipses, analizando como foron interpretados por diferentes culturas, desde as explicacións míticas e supersticiosas ata o coñecemento científico actual.
A sesión abordará tamén a presenza dos eclipses na arte, na literatura e na cultura, así como a importancia de observar estes fenómenos de maneira segura e informada.
A entrada será libre ata completar a capacidade da sala. A actividade está dirixida a todas as persoas interesadas na astronomía, na historia da ciencia e na divulgación científica.

