As obras da rúa Buenos Aires, nas que a Xunta inviste 450.000 euros, marchan a bo ritmo.

As obras da rúa Buenos Aires, nas que a Xunta inviste 450.000 euros, marchan a bo ritmo.

As obras da rúa Buenos Aires, nas que a Xunta inviste 450.000 euros, marchan a bo ritmo. Así o asegurou este mediodía o alcalde, Dani Vega. 

O rexedor dixo que “avanzan a bo ritmo as obras na rúa Buenos Aires, a inversión é 100 % da Xunta,  son 450.000 euros,  e estamos actuando en toda a rúa, non só naquelo que se ve como pode ser a renovación do pavimento, novo formigón, tamén nas beirarrúas, nova iluminación, novas árbores, novo equipamento… En definitiva, en todo o que se ve  evidentemente hai una renovación, hai unha inversión, pero naquelo que non se ve,  que é o máis importante, por certo iso é o que máis orzamento leva, que é novo abastecemento de augas e o novo saneamento”.

Vega declarou que “iso xa practicamente nin existía. Polo tanto, parece razoable que cando se fan as obras se arranxe aquilo que se visualiza perfectamente, pero no que está debaixo da terra tamén se actúe para levar as cousas dentro da planificación das inversións, en saneamento, en abastecemento e tamén na renovación das rúas”. 

A alcalde insistiu en que “a moi bo ritmo marchan as obras.  Recordar que é un orzamento que é 100% da Xunta de Galicia, 450.000 euros e así vamos seguir renovando rúas de Ribadeo fundamentais, rúas que estaban moi deterioradas e necesitábase esa renovación. Con esta planificación e con esta xestión é como Ribadeo avanza”.

Ir o contido