Actas
Concello de Ribadeo
Actas
O Concello de Ribadeo contribúe co principio de transparencia informativa ao facer públicas as actas das sesións plenarias da Corporación Municipal e das da Xunta de Goberno Local. Podes descargalas aquí en formato .pdf:
Información Catastral (PIC)
Concello de Ribadeo
Servizos de Información Catastral
O punto de información catastral de Ribadeo presta os seguintes servizos de información:
- Consulta e certificación para titulares catastrais de datos protexidos relativos a bens inmobles da súa titularidade.
- Certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
- Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
- Presentación de declaracións catastrais correspondentes a alteracións inmobiliarias.
Que se pode facer no PIC de Ribadeo?
Poderá obter os seguintes servizos:
- Información tanto de carácter general como respecto a inmuebles concretos, respetando las limitaciones establecidas para el acceso a los datos protegidos, en la legislación vigente.
- Asesoramiento y asistencia para el cumplimiento de las obligaciones con el Catastro, así como para la presentación de todo tipo de documentación.
- Expedición de certificados (literales y gráficos) de los datos que consten en el Catastro, solicitados en nuestras oficinas o por correo convencional.
- Emisión de cartografía (en soporte papel y digitalizada), ortofotografías (en soporte papel y digitalizadas) y otros documentos.
- Acceso telefónico y telemático gratuito para contactar con la Línea Directa del Catastro y acceder a los Servicios Electrónicos del Catastro.
- Recepción y tramitación de los escritos presentados de manera presencial o enviados por correo convencional.
Acceso ao PIC de Ribadeo
Todo o mundo pode acceder ao servizo de consulta e certificación de datos catastrais protexidos baixo certas condicións.
Son datos catastrais protexidos o nome, apelidos, razón social, código de identificación e domicilio de quen figure inscritos no Catastro Inmobiliario como titulares, así como o valor catastral e os valores catastrais do chan e, no seu caso, da construción, dos bens inmobles individualizados.
Poden acceder a información protexida do Catastro e obter a certificación catastral, os siguintes usuarios:
- Os titulares catastrais de cada inmoble, cando as certificacións catastrais conteñan datos protexidos, é dicir, os que fan referencia á titularidade ou ao valor catastral.
- Os titulares catastrais das parcelas colindantes, excepto ao valor catastral.
- Os titulares ou cotitulares de dereitos de trascendencia real ou de arrendamento o aparcería que recaigan sobre os bens inmobles inscritos no Catastro.
- Os herdeiros ou sucesores respecto a os bens inmobles do causante ou transmitente que figuren inscritos no Catastro.
- Calquera interesado poderá obter un certificado acerca da circunstancia de non figurar como titular catastral de bens inmobles no Catastro.
Outros:
- Os órganos xudiciais e, en particular, os Xulgados e Tribunais, así como o Ministerio Fiscal, poderán acceder á información catastral protexida, sen necesidade de consentimento do afectado e no exercicio das funcións que teñen atribuídas, en virtude do establecido no apartado c) do artigo 53.2 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario.
- Os órganos das Administracións, entidades e corporacións públicas a que se refire o artigo 53.2 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario poderán, no exercicio das súas funcións e competencias, consultar e obter certificados por medios electrónicos dos datos dos bens inmobles obrantes na BDNC, previa autorización da Dirección Xeral do Catastro e coas limitacións que se recollen no artigo 50.3 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario. En particular, o acceso non poderá ser autorizado no caso de que a solicitude incumpra os requisitos de competencia, idoneidade e proporcionalidade ao que se refiren o artigo 53.2 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario e o artigo 80 do Real Decreto 417/2006, do 7 de abril.
- Os notarios e rexistradores da propiedade poderán acceder aos datos catastrais protexidos para a identificación de inmobles, segundo establece o apartado b) do artigo 53.2 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario, así como para dar cumprimento á obrigación de facer constar a referencia catastral nos documentos por eles autorizados ou rexistrados, nos termos que establece o Título V do citado texto refundido.
A Dirección Xeral do Catastro, de oficio ou a instancia do correspondente titular catastral, poderá requirir aos usuarios deste servizo para a xustificación dos accesos a datos protexidos que realizasen.
Os certificados catastrais telemáticos obtidos a través dos Puntos de Información Catastral producirán idénticos efectos que os certificados expedidos polos órganos da Dirección Xeral do Catastro coa firma manuscrita, tal e como establece o artigo 83.2 do Real Decreto 417/2006.
CIM
Concello de Ribadeo
Centro de Información á Muller
Centro municipal de carácter permanente e ámbito territorial comarcal, adscrito á Delegación de Promoción Económica e Igualdade, no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral dende unha perspectiva de xénero: asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que, de forma individualizada ou colectiva, a soliciten.
Funcións e servizos:
- Asesoramento xurídico.
- Atención psicolóxica.
- Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
- Difusión e sensibilización cidadá da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
- Canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos con competencias en materia de muller.
- Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos que desenvolve a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
- Realización de conferencias, encontros, xornadas e cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
- Atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición o acceso aos recursos existentes na Comunidade
- Autónoma a través da xestión urxente cos servizos da policía, sanitarios, psicolóxicos, xudiciáis e sociáis que sexan oportunos.
- Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente.
- Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
- Calquera outras actividades que se adecúen ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.
Xulgado de paz
Concello de Ribadeo
Xulgado de paz
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou hoxe o local cedido pola Xunta ao concello de Ribadeo para acoller de maneira provisional o xulgado de Paz, que xa está a funcionar tras o final do traslado dos funcionarios.
O Goberno galego investiu 50.000 euros no acondicionamento do local e a instalación de voz e datos, na dotación de mobiliario novo e no traslado de computadores, libros do Rexistro Civil e parte do arquivo a este inmoble, que acollerá o servizo mentres que o Concello leva a cabo as obras necesarias para acoller o xulgado de Paz noutro espazo que se converterá na súa sede principal e definitiva.
A Xunta completou a comezos de outubro o traslado temporal dos funcionarios a este novo local despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizase que o xulgado de Paz de Ribadeo puidese prestar este servizo xudicial de forma provisional desde as instalacións ofrecidas polo Goberno galego.
A resolución tamén indicaba que aínda que este local permitirá continuar coa actividade do xulgado de Paz, actuacións como as celebracións de vodas civís deben celebrarse no Concello e, ademais, parte do arquivo seguirá no local primitivo.
A Xunta ten como competencia a dotación do persoal dos xulgados de paz, mentres que ás distintas administracións locais correspóndenlle, segundo a Lei de Demarcación e de Planta Xudicial o seu mantemento coa habilitación dos medidos técnicos, instrumentais e das instalacións idóneas.
Fai falta destacar, por tanto, a colaboración da Xunta para coa cesión dun local provisional e o seu acondicionamento mentres o concello de Ribadeo habilita a sede actual do xulgado de Paz, co obxectivo de contribuír á mellora da xustiza municipal e axudar ao municipio.
OMIC
Concello de Ribadeo
OMIC
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), como administración máis próxima ao cidadán, considérase un dos elementos esenciais para conseguir unha transparencia do mercado e eficacia do exercicio nos dereitos dos consumidores. A súa finalidade é informar, orientar e educar aos consumidores para o adecuado exercicio dos seus dereitos.
A OMIC atenderá e tramitará as queixas, reclamacións e denuncias dos consumidores realizando as mediacións oportunas para a resolución dos conflitos e a promoción e información sobre o Sistema Arbitral de Consumo
OMIX
Concello de Ribadeo
OMIX
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) é un servizo público e de balde que quere poñer a disposición da xuventude a información e documentación sobre calquera dos temas que poidan ser de interese para este colectivo.
Na OMIX poderás obter información sobre actividades culturais e deportivas, becas e axudas, accións municipais (campamentos de verán, exposicións, charlas…), expedición do carné xove e , en xeral, calquera cuestión que interese e afecte á xuventude que visita a Oficina.
Servizos Económicos
Concello de Ribadeo
Intervención
A intervención é a función pública de contabilidade e control interno da xestión económico- financeira do Concello.
A función de contabilidade comprende o desenrolo da contabilidade e do seguimento da execución presupostaria segundo as normas xerais e propias.
A función de control lévase a cabo mediante a función interventora, de control financeiro e de control de eficacia.
- No exercicio da función interventora, fiscalízanse os actos que dan lugar ao recoñecemento e liquidación de dereitos e obrigacións, os ingresos e pagos, e a recadación, inversión e aplicación dos fondos públicos para que se axusten á normativa que se debe aplicar.
- Por outra banda, a función de control financeiro comproba o funcionamento económico- financeiro dos servizos municipais, dos seus organismos autónomos e das sociedades mercantís dependentes.
- Por último, o control de eficacia comproba de forma periódica o cumprimento dos obxectivos, a análise do custo de funcionamento e o rendemento dos servizos e inversións.
Tesoureria
Que é a Tesourería?
É o departamento do Concello no que se realiza o control, manexo e custodia dos fondos, valores e efectos do mesmo. O Servizo de Recaudación do Concello, baixo a dirección da Tesourería, encárgase da recadación dos tributos municipais e outros ingresos de dereito público.
Que funcións realiza?
- Servizo de Caixa
- Realización de todos os pagos do Concello.
- Xestión de cobro das autoliquidacións.
- Recadacións dos ingresos cuxa xestión directa non corresponde ao Servizo de Recadación
do Concello. - Xestión de avais e outras garantías que deban consignarse no Concello.
Datos para FACe:
- Código da oficina contable: L01270517 Intervención
- Código do órgano xestor: L01270517 Alcaldía
- Código da unidade de tramitación: L01270517 Rexistro Facturas (Intervención)
Rexistro
Concello de Ribadeo
Rexistro
O Concello de Ribadeo dispón dun Rexistro Electrónico Xeral, no que se fai o correspondente asento de todo documento que sexa presentado ou que se reciba en calquera órgano administrativo, Organismo público ou Entidade vinculado ou dependente a estes, e dunha oficina de asistencia en materia de rexistros na que se poden presentar de forma presencial os escritos e documentos dirixidos ao Concello de Ribadeo e ao resto das Administracións Públicas, na que se dixitalizarán os documentos presentados, devolvéndose os orixinais aos interesados, sen prexuízo de aqueles supostos nos que a norma determina a custodia pola Administración dos documentos presentados ou resulte obrigatoria a presentación de obxectos ou de documentos nun soporte específico non susceptíbel de dixitalización.
No Catálogo de trámites da sede electrónica do Concello de Ribadeo pódense descargar as instancias dos distintos procedementos administrativos e tamén tramitalos electronicamente.
Horarios
Concello de Ribadeo
Horarios
Concello de Ribadeo
Horario de atención o público:
09:00 – 14:00.
Oficina de Turismo
Mañás: 10:00 – 14:00.
Tardes: 16:00 – 19:00.
Luns: pechada.
Policía Local
Aberto 24H.
Teléfono: 689 55 00 55
Biblioteca El Viejo Pancho
Mañás: 10:00 – 13:00
Tardes: 16:30 – 19:30
Casa da Xuventude (OMIX)
Servizo de Deportes
Luns/Mércores/Venres: 09:00 – 14:00.
Martes/Xoves: 09:00 – 13:30. 16:00 – 18:30.
Servizo de Cultura
09:00 – 14:00.
Servizos Sociais, CIM, Drogodependencias, Educadora Familiar, Oficina Atención o Inmigrante
09:00 – 14:00.
Xulgado de Paz
09:00 – 14:00.
Oficina información o consumidor (OMIC)
09:00 – 14:00.
Escola Municipal de Música e Danza
Punto Limpo
Luns a venres: 09:00 – 13:00. 16:00 – 18:30.
Sábados: 09:00 – 13:00.
Xunta de Goberno
Concello de Ribadeo
Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno Local está formada polo conxunto dos/as concelleiros/as designados polo alcalde, presididos por este e asistidos pola Secretaría Xeral da Corporación. O pleno do Concello acordou delegar neste órgano as seguintes atribucións:
- Outorgamento de licencias urbanísticas para os actos de edificación, uso do solo ou subsolo segundo a numeración recollida no artigo 194 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Proteccion do Medio Rural de Galicia, artigo 10 do Regulamento de Disciplina Urbanística aprobado por Decreto 28/1999, de 21 de xaneiro, para o desenvolvemento da Lei do solo de Galicia e disposicións concordantes do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ribadeo; así como o outorgamento das licenzas de actividades sometidas a avaliación ambiental, agás que por razóns de urxencia e interese público se avoque a competencia delegada cando non sexa posible a realización de Xunta de Goberno Local e co fin de cumprir co disposto no artigo 196. 2 da citada Lei 9/2002.
- Liquidacións tributarias derivadas do outorgamento das anteriores licenzas urbanísticas.
- Exencións e bonificacións en expedientes tributarios e de prezos públicos.
Así mesmo o pleno acordou delegar tamén na Xunta de Goberno Local as seguintes competencias do pleno:
- Aprobación/informe/renovación do padrón municipal de habitantes
- Emisión do informe municipal, de ser preceptivo, para actuacións urbanísticas en Solo rústico (Lei 9/2002, de 30 de decembro).
- Declaración de ruína non inminente segundo o artigo 201 da Lei do Solo de Galicia.
- Adquisicións de bens derivados de cesións urbanísticas cando o seu valor exceda dos atribuídos como competencia da alcaldía.
- Resolución de expedientes vinculados coas licenzas municipais de auto-taxis: creación e amortización de prazas, concesión e revocación de licenzas, autorización, cambio de vehículos, autorización de prestación de servizo mediante asalariados, incoacións e resolución de expedientes sancionadores e todos aqueles derivados da Ordenanza Municipal do Servizo e do Regulamento Nacional de Transportes en Automóbiles Lixeiros.
- Asuntos derivados da Praza Municipal de Abastos conforme á súa ordenanza reguladora.
Composición
A Xunta de Goberno Local, baixo a presidencia do alcalde, Daniel Vega Perez, está composta por concelleiros/as dos grupos políticos con maior representación nas eleccións:
- Montserrat Seijo Diaz (PP)
- Begoña Sanjurjo Santar (PP)
- Marta Maria Saiz Garcia (PP)
- Diego dos Santos Rodriguez (PP)
Réxime de sesións
Este órgano celebra as súas sesións ordinarias o primeiro e terceiro martes de cada mes.
No caso de que estas datas coincidan cun día festivo, ou se non se puidese levar a cabo a sesión por unha causa xustificada, esta convocaríase para o seguinte día hábil.
O horario das sesións, para todo o ano, quedou fixado para as 20:00 horas.

