Polígono Industrial

Concello de Ribadeo

Polígono Industrial

Polígono industrial de Ribadeo

O Concello de Ribadeo pon a disposición do tecido empresarial o Polígono Industrial, un espazo pensado para favorecer a implantación e o desenvolvemento de novas actividades económicas.

Neste apartado pódese consultar o plano completo das parcelas, a relación de prezos e diversa información de interese sobre o polígono, así como acceder a imaxes actualizadas de cada unha das parcelas dispoñibles.

Plano do Polígono Industrial de Ribadeo

DESCARGAR PLANO

Prezos das parcelas no Polígono Industrial

DESCARGAR PREZOS

Mar por Medio

Concello de Ribadeo

XX Xornadas Mar por Medio

Ribadeo, encontro de Camiños

Ribadeo acollerá do 19 ao 21 de setembro a vixésima edición das Xornadas Mar por Medio, un evento promovido pola Academia Xacobea en colaboración co Concello, a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela.

Baixo o lema “Ribadeo, encontro de Camiños”, a cita reunirá a persoas expertas e público arredor do Camiño de Santiago e dos valores culturais que o acompañan, con mesas redondas, conferencias, actividades culturais e unha ruta guiada.

A programación desenvolverase no Salón de Alcaldes do Concello de Ribadeo e incluirá tamén concertos e actividades abertas á cidadanía.

DESCARGAR PROGRAMAINSCRICIÓN

Galería de imaxes

Concello de Ribadeo

Galería de imaxes de Ribadeo

Ribadeo ten moito que ver e sentir.

Nesta galería compartimos algunhas das imaxes que mellor representan a nosa historia, paisaxe e cultura.

Un convite a descubrir o noso concello a través da fotografía.


Familia e infancia

Concello de Ribadeo

Familia e infancia

O traballo con familias e coas crianzas é vital para todos/as os/as profesionais que se dedican a temas sociais. Do mesmo xeito que a infancia e o periodo no que ten lugar dun xeito máis intenso o proceso de socialización dunha persoa, a familia é o núcleo no que se inicia este proceso e onde se xeran os mecanismos para a resolución dos propios problemas.

Vixiar e colaborar no benestar das familias pode axudar a evitar e previr situacións de risco que poderían conducir ao deterioro desta e, polo tanto, das persoas que a forman. A través dos/as profesionais de Servizos Sociais do Concello de Ribadeo, as persoas interesadas poderán obter información e asesoramento sobre os seguintes recursos e prestacións, todas elas dirixidas a núcleos familiares e a nenos/as:

  • Axudas periódicas de prevención e apoio as familias para a integración do menor
  • Título de familia numerosa
  • IRPF: abono mensual anticipado da dedución por maternidade para traballadoras con fillos menores de 3 anos
  • Pago de 2.500 euros por nacemento ou adopción de fillos
  • Prestación económica de pagamento único por fillo menor a cargo
  • Cheque infantil: axudas para a atención da primeira infancia en centros non sostidos con fondos públicos
  • Prestacións familiares por fillo a cargo da Seguridade Social
  • Incentivos á contratación dirixidos a favorece-la conciliación da vida laboral e familiar
  • Axudas á conciliación da vida familiar e laboral
  • Becas do Ministerio de Educación (web do MEC)
  • Axudas para alumnos con necesidades educativas especiais
  • Deducións familiares IRPF

Así mesmo, poderán informarse sobre os seguintes programas:

  • Intervención en casos de maltrato infantil
  • Programa de axuda no fogar
  • Programa de educación familiar
  • Adopción
  • Acollemento Familiar
  • Preescolar na Casa-Educar en Familia
  • Apoio ás familias monoparentais
  • Programa de leite escolar
  • Medidas de Medio Aberto
  • Puntos de Encontro
  • Atención directa a menores:
  • Teléfono da infancia: 900 333 666
  • Servizo de atención ao menor

Documentación relacionada

Programa de axuda no fogarPrograma de educación familiar

Axenda

Concello de Ribadeo

Axenda

 

Accesibilidade

Concello de Ribadeo

Accesibilidade

O Concello de Ribadeo comprométese a facer accesibles o seu sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web do Concello de Ribadeo.

Situación do cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

Falta de conformidade co RD 1112/2018:

  • Existen contidos nos que se utiliza a cor para diferenciar o texto das ligazóns e a relación de luminosidade entre as cores non chega ao mínimo, podendo provocar problemas de recoñecemento das ligazóns afectando o requisito 9.1.4.1
  • Existen ligazóns que pola súa lonxitude afectan á accesibilidade cognitiva afectando o requisito 9.2.4.4
  • Existen formularios que non contan cun botón estándar de envío que facilite a capacidade de predición afectando o requisito 9.3.2.2 Ao recibir entradas de UNE-EN 301549:2022.
  • Nalgunhas noticias ou contidos estáticos non revisados desde a súa publicación, poden existir erros de marcado HTML ou uso de elementos HTML para modificar a presentación dos contidos que poden provocar erros semánticos ou algún problema de visualización en determinados dispositivos ou produtos de apoio.
  • No portal puidese existir contidos noutros idiomas nos que non está etiquetaxe correctamente o cambio de idioma.
  • Nalgúns contidos podería detectarse certa falta de contraste.
  • Nalgunhas páxinas poderían identificarse problemas na xeración do html (ex. listas incorrectamente formadas, táboas que non cumpren por completo a normativa de accesibilidade, textos de ligazóns demasiado longos e iframes sen a información necesaria)

O gran número de páxinas e persoas que manteñen os contidos web municipais poden facer que se produzan erros que impidan o cumprimento estrito destas normas ou que algún usuario non acceda á información.

Carga desproporcionada: non aplica.

O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non aplica.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

Esta declaración foi preparada o 07/12/23

Observacións e datos de contacto

En atención ao disposto no artigo 10.2 do RD 1112/2018 pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade, tales como: informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web.

Tamén pode presentar:

  • Unha queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018
  • Ou unha solicitude de información accesible relativa a contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 (segundo establece o artigo 3.4) ou a contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impoñer unha carga desproporcionada. Na solicitude de información accesible débense concretar, con toda claridade, os feitos, razóns e peticións que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.

As comunicacións, queixas e solicitudes serán recibidas e tratadas polo Concello de Ribadeo.

Procedemento de aplicación

Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese #de acordo con a decisión adoptada ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5 do RD 1112/2018, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderá iniciar esa reclamación transcórrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.


Ordenanzas

Concello de Ribadeo

Ordenanzas

Unha Ordenanza é unha disposición ou mandato. É un tipo de norma xurídica que forma parte dun regulamento e que está subordinada a unha lei. A ordenanza municipal é aquela ditada pola máxima autoridade dun Concello (alcalde ou alcaldesa) con validez dentro do municipio ou territorio.

Tradicionalmente fálase de “Ordenanzas” para referirse as normas municipais con efectos sobre os cidadáns e de “Regulamentos” para as normas internas, de autoorganización. Sen embargo trátase de dous termos que expresan unha mesma realidade xurídica: normas de natureza regulamentaria elaboradas polo Pleno dun Ayuntamiento.

A aprobación das Ordenanzas e Regulamentos municipais, en xeral, axústase o procedemento recollido no art. 49 de la Ley 7/1985 Reguladora das Bases de Réxime Local de 1985 (LRBRL) e as súas modificacións posteriores, e resúmese en:

  • Aprobación inicial polo Pleno.
  • Información pública e audiencia ós interesados polo prazo mínimo de trinta días para a presentación de reclamacións y suxestións.
  • Resolución das reclamacións e suxestións presentadas dentro do prazo, e aprobación definitiva polo Pleno. Se non se formulou ningunha alegación se considerará definitivamente aprobada.

Nos seguintes enlaces poderás consultar as ordenanzas municipais:

Ordenanzas fiscaisRegulamentos e outras ordenanzas

Ordenanzas fiscais

Concello de Ribadeo

Ordenanzas fiscais


Regulamentos e outras ordenanzas

Concello de Ribadeo

Regulamentos e outras ordenanzas


Identidade corporativa

Concello de Ribadeo

Identidade corporativa | Concello de Ribadeo

Versión positivo
[PNG] – [SVG]

Versión negativo
[PNG] – [SVG]

Versión negro
[PNG] – [SVG]

Versión positivo
[PNG] – [SVG]

Versión negativo
[PNG] – [SVG]

Versión negro
[PNG] – [SVG]

Versión positivo
[PNG] – [SVG]

Versión negativo
[PNG] – [SVG]

Versión negro
[PNG] – [SVG]

Versión positivo
[PNG] – [SVG]

Versión negativo
[PNG] – [SVG]

Versión negro
[PNG] – [SVG]

Versión positivo
[PNG] – [SVG]

Versión negativo
[PNG] – [SVG]

Versión negro
[PNG] – [SVG]

Versión positivo
[PNG] – [SVG]

Versión negativo
[PNG] – [SVG]

Versión negro
[PNG] – [SVG]

Versión positivo
[PNG] – [SVG]

Versión negativo
[PNG] – [SVG]

Versión negro
[PNG] – [SVG]

Versión positivo
[PNG] – [SVG]

Versión negativo
[PNG] – [SVG]

Versión negro
[PNG] – [SVG]

Versión positivo
[PNG] – [SVG]

Versión negativo
[PNG] – [SVG]

Versión negro
[PNG] – [SVG]


Ir o contido