Familia e infancia

Concello de Ribadeo

Familia e infancia

O traballo con familias e coas crianzas é vital para todos/as os/as profesionais que se dedican a temas sociais. Do mesmo xeito que a infancia e o periodo no que ten lugar dun xeito máis intenso o proceso de socialización dunha persoa, a familia é o núcleo no que se inicia este proceso e onde se xeran os mecanismos para a resolución dos propios problemas.

Vixiar e colaborar no benestar das familias pode axudar a evitar e previr situacións de risco que poderían conducir ao deterioro desta e, polo tanto, das persoas que a forman. A través dos/as profesionais de Servizos Sociais do Concello de Ribadeo, as persoas interesadas poderán obter información e asesoramento sobre os seguintes recursos e prestacións, todas elas dirixidas a núcleos familiares e a nenos/as:

  • Axudas periódicas de prevención e apoio as familias para a integración do menor
  • Título de familia numerosa
  • IRPF: abono mensual anticipado da dedución por maternidade para traballadoras con fillos menores de 3 anos
  • Pago de 2.500 euros por nacemento ou adopción de fillos
  • Prestación económica de pagamento único por fillo menor a cargo
  • Cheque infantil: axudas para a atención da primeira infancia en centros non sostidos con fondos públicos
  • Prestacións familiares por fillo a cargo da Seguridade Social
  • Incentivos á contratación dirixidos a favorece-la conciliación da vida laboral e familiar
  • Axudas á conciliación da vida familiar e laboral
  • Becas do Ministerio de Educación (web do MEC)
  • Axudas para alumnos con necesidades educativas especiais
  • Deducións familiares IRPF

Así mesmo, poderán informarse sobre os seguintes programas:

  • Intervención en casos de maltrato infantil
  • Programa de axuda no fogar
  • Programa de educación familiar
  • Adopción
  • Acollemento Familiar
  • Preescolar na Casa-Educar en Familia
  • Apoio ás familias monoparentais
  • Programa de leite escolar
  • Medidas de Medio Aberto
  • Puntos de Encontro
  • Atención directa a menores:
  • Teléfono da infancia: 900 333 666
  • Servizo de atención ao menor

Documentación relacionada

Programa de axuda no fogarPrograma de educación familiar

Axenda

Concello de Ribadeo

Axenda

 

Accesibilidade

Concello de Ribadeo

Accesibilidade

O Concello de Ribadeo comprométese a facer accesibles o seu sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web do Concello de Ribadeo.

Situación do cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

Falta de conformidade co RD 1112/2018:

  • Existen contidos nos que se utiliza a cor para diferenciar o texto das ligazóns e a relación de luminosidade entre as cores non chega ao mínimo, podendo provocar problemas de recoñecemento das ligazóns afectando o requisito 9.1.4.1
  • Existen ligazóns que pola súa lonxitude afectan á accesibilidade cognitiva afectando o requisito 9.2.4.4
  • Existen formularios que non contan cun botón estándar de envío que facilite a capacidade de predición afectando o requisito 9.3.2.2 Ao recibir entradas de UNE-EN 301549:2022.
  • Nalgunhas noticias ou contidos estáticos non revisados desde a súa publicación, poden existir erros de marcado HTML ou uso de elementos HTML para modificar a presentación dos contidos que poden provocar erros semánticos ou algún problema de visualización en determinados dispositivos ou produtos de apoio.
  • No portal puidese existir contidos noutros idiomas nos que non está etiquetaxe correctamente o cambio de idioma.
  • Nalgúns contidos podería detectarse certa falta de contraste.
  • Nalgunhas páxinas poderían identificarse problemas na xeración do html (ex. listas incorrectamente formadas, táboas que non cumpren por completo a normativa de accesibilidade, textos de ligazóns demasiado longos e iframes sen a información necesaria)

O gran número de páxinas e persoas que manteñen os contidos web municipais poden facer que se produzan erros que impidan o cumprimento estrito destas normas ou que algún usuario non acceda á información.

Carga desproporcionada: non aplica.

O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non aplica.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

Esta declaración foi preparada o 07/12/23

Observacións e datos de contacto

En atención ao disposto no artigo 10.2 do RD 1112/2018 pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade, tales como: informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web.

Tamén pode presentar:

  • Unha queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018
  • Ou unha solicitude de información accesible relativa a contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 (segundo establece o artigo 3.4) ou a contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impoñer unha carga desproporcionada. Na solicitude de información accesible débense concretar, con toda claridade, os feitos, razóns e peticións que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.

As comunicacións, queixas e solicitudes serán recibidas e tratadas polo Concello de Ribadeo.

Procedemento de aplicación

Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese #de acordo con a decisión adoptada ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5 do RD 1112/2018, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderá iniciar esa reclamación transcórrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.


Ordenanzas

Concello de Ribadeo

Ordenanzas

Unha Ordenanza é unha disposición ou mandato. É un tipo de norma xurídica que forma parte dun regulamento e que está subordinada a unha lei. A ordenanza municipal é aquela ditada pola máxima autoridade dun Concello (alcalde ou alcaldesa) con validez dentro do municipio ou territorio.

Tradicionalmente fálase de “Ordenanzas” para referirse as normas municipais con efectos sobre os cidadáns e de “Regulamentos” para as normas internas, de autoorganización. Sen embargo trátase de dous termos que expresan unha mesma realidade xurídica: normas de natureza regulamentaria elaboradas polo Pleno dun Ayuntamiento.

A aprobación das Ordenanzas e Regulamentos municipais, en xeral, axústase o procedemento recollido no art. 49 de la Ley 7/1985 Reguladora das Bases de Réxime Local de 1985 (LRBRL) e as súas modificacións posteriores, e resúmese en:

  • Aprobación inicial polo Pleno.
  • Información pública e audiencia ós interesados polo prazo mínimo de trinta días para a presentación de reclamacións y suxestións.
  • Resolución das reclamacións e suxestións presentadas dentro do prazo, e aprobación definitiva polo Pleno. Se non se formulou ningunha alegación se considerará definitivamente aprobada.

Nos seguintes enlaces poderás consultar as ordenanzas municipais:

Ordenanzas fiscaisRegulamentos e outras ordenanzas

Ordenanzas fiscais

Concello de Ribadeo

Ordenanzas fiscais


Regulamentos e outras ordenanzas

Concello de Ribadeo

Regulamentos e outras ordenanzas


Actas

Concello de Ribadeo

Actas

O Concello de Ribadeo contribúe co principio de transparencia informativa ao facer públicas as actas das sesións plenarias da Corporación Municipal e das da Xunta de Goberno Local. Podes descargalas aquí en formato .pdf:


Información Catastral (PIC)

Concello de Ribadeo

Servizos de Información Catastral

O punto de información catastral de Ribadeo presta os seguintes servizos de información:

  • Consulta e certificación para titulares catastrais de datos protexidos relativos a bens inmobles da súa titularidade.
  • Certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
  • Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Presentación de declaracións catastrais correspondentes a alteracións inmobiliarias.

Que se pode facer no PIC de Ribadeo?

Poderá obter os seguintes servizos:

  • Información tanto de carácter general como respecto a inmuebles concretos, respetando las limitaciones establecidas para el acceso a los datos protegidos, en la legislación vigente.
  • Asesoramiento y asistencia para el cumplimiento de las obligaciones con el Catastro, así como para la presentación de todo tipo de documentación.
  • Expedición de certificados (literales y gráficos) de los datos que consten en el Catastro, solicitados en nuestras oficinas o por correo convencional.
  • Emisión de cartografía (en soporte papel y digitalizada), ortofotografías (en soporte papel y digitalizadas) y otros documentos.
  • Acceso telefónico y telemático gratuito para contactar con la Línea Directa del Catastro y acceder a los Servicios Electrónicos del Catastro.
  • Recepción y tramitación de los escritos presentados de manera presencial o enviados por correo convencional.

Acceso ao PIC de Ribadeo

Todo o mundo pode acceder ao servizo de consulta e certificación de datos catastrais protexidos baixo certas condicións.

Son datos catastrais protexidos o nome, apelidos, razón social, código de identificación e domicilio de quen figure inscritos no Catastro Inmobiliario como titulares, así como o valor catastral e os valores catastrais do chan e, no seu caso, da construción, dos bens inmobles individualizados.

Poden acceder a información protexida do Catastro e obter a certificación catastral, os siguintes usuarios:

Certificación catastral
  • Os titulares catastrais de cada inmoble, cando as certificacións catastrais conteñan datos protexidos, é dicir, os que fan referencia á titularidade ou ao valor catastral.
  • Os titulares catastrais das parcelas colindantes, excepto ao valor catastral.
  • Os titulares ou cotitulares de dereitos de trascendencia real ou de arrendamento o aparcería que recaigan sobre os bens inmobles inscritos no Catastro.
  • Os herdeiros ou sucesores respecto a os bens inmobles do causante ou transmitente que figuren inscritos no Catastro.
  • Calquera interesado poderá obter un certificado acerca da circunstancia de non figurar como titular catastral de bens inmobles no Catastro.

Outros:

  • Os órganos xudiciais e, en particular, os Xulgados e Tribunais, así como o Ministerio Fiscal, poderán acceder á información catastral protexida, sen necesidade de consentimento do afectado e no exercicio das funcións que teñen atribuídas, en virtude do establecido no apartado c) do artigo 53.2 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario.
  • Os órganos das Administracións, entidades e corporacións públicas a que se refire o artigo 53.2 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario poderán, no exercicio das súas funcións e competencias, consultar e obter certificados por medios electrónicos dos datos dos bens inmobles obrantes na BDNC, previa autorización da Dirección Xeral do Catastro e coas limitacións que se recollen no artigo 50.3 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario. En particular, o acceso non poderá ser autorizado no caso de que a solicitude incumpra os requisitos de competencia, idoneidade e proporcionalidade ao que se refiren o artigo 53.2 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario e o artigo 80 do Real Decreto 417/2006, do 7 de abril.
  • Os notariosrexistradores da propiedade poderán acceder aos datos catastrais protexidos para a identificación de inmobles, segundo establece o apartado b) do artigo 53.2 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario, así como para dar cumprimento á obrigación de facer constar a referencia catastral nos documentos por eles autorizados ou rexistrados, nos termos que establece o Título V do citado texto refundido.

A Dirección Xeral do Catastro, de oficio ou a instancia do correspondente titular catastral, poderá requirir aos usuarios deste servizo para a xustificación dos accesos a datos protexidos que realizasen.

Os certificados catastrais telemáticos obtidos a través dos Puntos de Información Catastral producirán idénticos efectos que os certificados expedidos polos órganos da Dirección Xeral do Catastro coa firma manuscrita, tal e como establece o artigo 83.2 do Real Decreto 417/2006.


CIM

Concello de Ribadeo

Centro de Información á Muller

Centro municipal de carácter permanente e ámbito territorial comarcal, adscrito á Delegación de Promoción Económica e Igualdade, no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral dende unha perspectiva de xénero: asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que, de forma individualizada ou colectiva, a soliciten.

Funcións e servizos:

  • Asesoramento xurídico.
  • Atención psicolóxica.
  • Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
  • Difusión e sensibilización cidadá da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
  • Canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos con competencias en materia de muller.
  • Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos que desenvolve a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
  • Realización de conferencias, encontros, xornadas e cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
  • Atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición o acceso aos recursos existentes na Comunidade
  • Autónoma a través da xestión urxente cos servizos da policía, sanitarios, psicolóxicos, xudiciáis e sociáis que sexan oportunos.
  • Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente.
  • Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
  • Calquera outras actividades que se adecúen ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.

Xulgado de paz

Concello de Ribadeo

Xulgado de paz

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou hoxe o local cedido pola Xunta ao concello de Ribadeo para acoller de maneira provisional o xulgado de Paz, que xa está a funcionar tras o final do traslado dos funcionarios.

O Goberno galego investiu 50.000 euros no acondicionamento do local e a instalación de voz e datos, na dotación de mobiliario novo e no traslado de computadores, libros do Rexistro Civil e parte do arquivo a este inmoble, que acollerá o servizo mentres que o Concello leva a cabo as obras necesarias para acoller o xulgado de Paz noutro espazo que se converterá na súa sede principal e definitiva.

A Xunta completou a comezos de outubro o traslado temporal dos funcionarios a este novo local despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizase que o xulgado de Paz de Ribadeo puidese prestar este servizo xudicial de forma provisional desde as instalacións ofrecidas polo Goberno galego.

A resolución tamén indicaba que aínda que este local permitirá continuar coa actividade do xulgado de Paz, actuacións como as celebracións de vodas civís deben celebrarse no Concello e, ademais, parte do arquivo seguirá no local primitivo.

A Xunta ten como competencia a dotación do persoal dos xulgados de paz, mentres que ás distintas administracións locais correspóndenlle, segundo a Lei de Demarcación e de Planta Xudicial o seu mantemento coa habilitación dos medidos técnicos, instrumentais e das instalacións idóneas.

Fai falta destacar, por tanto, a colaboración da Xunta para coa cesión dun local provisional e o seu acondicionamento mentres o concello de Ribadeo habilita a sede actual do xulgado de Paz, co obxectivo de contribuír á mellora da xustiza municipal e axudar ao municipio.


Ir o contido