Concello de Ribadeo
Histórico de novas
23 Marzo, 2026
Rinlo acollerá a terceira festa gastronómica do mexillón o 3 de abril.
O evento foi presentado pola Asociación de Veciños o Cantal e polo Concello de Ribadeo.
21 Marzo, 2026
Ribadeo participa no Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional 2026.
Xunto ás voluntarias e voluntarios estiveron esta mañá na praia das Catedrais o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras de Turismo e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo.
20 Marzo, 2026
Ribadeo investiu 190.000 euros nas melloras realizadas no pavillón situado na rúa Alfredo Deaño.
As instalacións foron visitadas hoxe polo alcalde, Dani Vega, e polo concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.
19 Marzo, 2026
A Oficina de Turismo de Ribadeo acollerá do 29 de marzo ao 3 de abril unha exposición de pintura homenaxe a Álvaro Prieto Álvarez.
A exposición foi presentada por Begoña Sanjurjo xunto a algúns dos irmáns de Álvaro Prieto Álvarez.
19 Marzo, 2026
A XII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar o 12 de setembro.
As inscricións quedan abertas no día de hoxe.
19 Marzo, 2026
A atleta galega Julia Vaquero foi a estrela convidada á X Gala do Deporte do Concello de Ribadeo, que tivo lugar na tarde de onte.
A cita foi unha homenaxe a 383 deportistas ribadenses de 16 disciplinas diferentes polos logros conseguidos durante o pasado ano 2025.
18 Marzo, 2026
Remataron as obras de mellora da rúa Reinante, que xa queda totalmente aberta para os peóns.
A empresa, encargada das obras, realiza esta tarde tarefas de limpeza da rúa para a súa apertura ao tráfico peonil.
18 Marzo, 2026
A orquestra Panorama presentará a súa nova xira Time Tour 2026 no Camiño Norte Fest, que se celebrará en Ribadeo o vindeiro 2 de abril.
Na presentación do Camiño Norte Fest participaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Turismo e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo, así como a Comisión de Festas de Ribadeo.











