Ribadeo investiu 190.000 euros nas melloras realizadas no pavillón situado na rúa Alfredo Deaño.

Ribadeo investiu 190.000 euros nas melloras realizadas no pavillón situado na rúa Alfredo Deaño. As instalacións foron visitadas hoxe polo alcalde, Dani Vega, e polo concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.
O rexedor dixo que: “Seguimos investindo e mellorando as infraestruturas deportivas. Todos éramos conscientes de como se atopaban. Todos éramos coñecedores de que chovía máis dentro que fora no pavillón pequeno, no que está situado na rúa Alfredo Deaño, que aí había máis caldeiros que en toda a provincia de Lugo xuntos e había que adoptar unha medida. Qué se fixo? Buscamos o orzamento necesario e, evidentemente, investir para mellorar a infraestrutura do pavillón”.
Vega contou que “a cuberta estaba totalmente abandonada. Faltaban chapas, por iso chovía constantemente, e o que se fixo nun momento foi incluso poñerlle o solo a un espazo que está dedicado para Amigos da Gaita, sendo conscientes de que chovía. O que se fixo agora foi todo o arranxo da cuberta do pavillón, arranxáronse os vestiarios, os baños, os locais para gardar material, para gardar equipamento, tamén a cuberta do local que se dedica a Amigos da Gaita e vanse arranxando así as instalacións deportivas, non deixando abandonarse, porque o gasto é superior e nós tivemos que tomar esta decisión”.
O alcalde manifestou: “non se podía practicar deporte con caldeiros polo medio. A pista, metade do ano, non se podía utilizar porque estaba chovendo constantemente sobre ela. Tamén houbo que arranxar o solo da instalación central, a pista onde se practica deporte, porque choveu durante tanto tempo sobre ela que se estropeou”.
E subliñou: “foron 190.000 euros de inversión para arranxar unha instalación deportiva, un pavillón fundamental, e agora o que debemos é facer tamén a conservación da instalación, é dicir o mantemento da instalación. Está moi ben investir, pero o que non se pode é abandonar”.
Para o alcalde “o primeiro paso está dado, foi á inversión, arranxada a cuberta, arranxada as instalacións tanto dos baños como onde se garda o equipamento, tamén o local de Amigos da Gaita e a pista onde se fai a práctica de deporte. Así é como se debe facer, evidentemente queremos ir máis rápido, facer máis cousas. Iso é normal, pero temos tamén que ser conscientes que o orzamento é o que é, temos que xestionar moito orzamento, pero pouco a pouco vamos investindo e mellorando as instalacións deportivas, e neste caso o pavillón que está situado na rúa Alfredo Deaño”.

