Ribadeo participa no Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional 2026.

Ribadeo participa no Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional 2026.

Ribadeo participa no Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional 2026, que durante esta ponte realiza accións de limpeza, conservación e protección dos ecosistemas na praias das Catedrais e na ría.  

O alcalde, Dani Vega, declarou: “agradecemos a esta rede de voluntariado, que se achegou a Ribadeo estes días, en colaboración coa Xunta a través das Consellerías de Cultura e de Medio Ambiente. Trátase dunha proposta que ten unha vocación clara: conservar e coidar os espazos naturais”.

Para o rexedor “temos que ser conscientes de que temos que coidar os espazos naturais, eses espazos verdes de referencia que temos en Ribadeo. Os voluntarios estes días van coidalos, van colaborar co Concello, pero despois todos debemos ter a conciencia de preservar eses espazos naturais”. 

E engadiu: “agradecemento aos voluntarios e tamén á Xunta por trasladarnos estas propostas, que recollemos desde o Concello e imos seguir colaborando con voluntarios para que coidemos entre todos espazos de referencia e naturais que temos en Ribadeo”.

Xunto ás voluntarias e voluntarios estiveron esta mañá na praia das Catedrais o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras de Turismo e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo. 

Ir o contido