Ribadeo inviste 350.000 euros na mellora de estradas nas parroquias, a través do Plan Único da Deputación de Lugo.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “o Plan Avanza Rural segue mellorando as nosas infraestruturas, as vías de comunicación, que evidentemente tiñan unha necesidade de mellora. Estamos actuando en moitas parroquias e vamos seguir baixo unha planificación. Nestes momentos, a través do Plan Único da Deputación estamos a investir 350.000 euros”.
O rexedor subliñou “esa colaboración por parte da Deputación, evidentemente é unha cantidade orzamentaria que lle dá a todos os Concellos, pero vemos que é fundamental para mellorar as infraestruturas. Seguir neste Plan é moi importante, destacar esa inversión e o agradecemento ás administracións porque sigan colaborando e nosoutros vamos seguir mellorando as infraestruturas”.
Vega contou que “todo non está feito, necesitamos seguir investindo, as estradas todas están tendo unha melloría moi importante, non soamente no pavimento, senón tamén no ancho, xa que estaban agora mesmo en 3,20 e como mínimo están pasando a 4,50. Creo que iso é moi a destacar e a poñer de manifesto que as infraestruturas débense mellorar acorde tamén á maquinaria que temos hoxe nas nosas parroquias”.
O alcalde considera que “toda esta melloría é fundamental, incluso nalgúns puntos estamos canalizando o que vén sendo toda a recollida de augas, tamén mellorando o abastecemento de auga que estaba dando problemas, de paso xa se está facendo a obra para non ter que volver a abrir nese punto e destrozar así o aglomerado”.
Dani Vega engadiu: “a planificación é importante, non só investir no pavimento, senón tamén naquelo que non se ve, estámolo mellorando. Agora son 350.000 euros actuando nestas parroquias e vamos a seguir coa planificación para actuar en cada unha delas”.

