A atleta galega Julia Vaquero foi a estrela convidada á X Gala do Deporte do Concello de Ribadeo, que tivo lugar na tarde de onte.

A atleta galega Julia Vaquero foi a estrela convidada á X Gala do Deporte do Concello de Ribadeo, que tivo lugar na tarde de onte no pavillón de Deportes.
A cita foi unha homenaxe a 383 deportistas ribadenses de 16 disciplinas diferentes polos logros conseguidos durante o pasado ano 2025. Os encargados de entregar os trofeos foron a atleta Julia Vaquero, o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras e concelleiros do equipo de goberno, Francisco José Silvent, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra, Montse Seijo e Diego Dos Santos, o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, o director territorial de Presidencia, Xustiza e Deportes, Javier Nodal, e o xerente de Acisa, Jesús Pérez.
O pavillón de Deportes encheuse para renderlles homenaxe aos deportistas locais “a esas rapazas e rapaces que levan ata o máis alto o nome de Ribadeo. Queremos agradecerlles o esforzo e o espírito de loita e animámolos a seguir nesa liña. Agardamos que neste 2026 lles vaia a todas e a todos moi ben e que o nome de Ribadeo siga a estar nos podios das diferentes competicións nas que participan”, indicaron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.

