Remataron as obras de mellora da rúa Reinante, que xa queda totalmente aberta para os peóns. 

Remataron as obras de mellora da rúa Reinante, que xa queda totalmente aberta para os peóns.

Remataron as obras de mellora da rúa Reinante, que xa queda totalmente aberta para os peóns. 

Dous meses despois do inicio dos traballos e tras un investimento de 90.000 euros a rúa Reinante loce nova imaxe. Foi cambiado o adoquín, que se atopaba moi deteriorado, houbo arranxos no alumeado e na recollida de augas e de residuos. 

O prazo de execución da obra era de catro meses “e xa están rematadas dous meses despois do seu inicio. Todo traballo deste calibre ocasiona molestias, polo que pedimos disculpas. Agradecemos a comprensión e tamén a rapidez coa que foron feitas as obras”, subliñan desde o equipo de goberno do Concello de Ribadeo.  

A empresa, encargada das obras, realiza esta tarde tarefas de limpeza da rúa para a súa apertura ao tráfico peonil. 

Ir o contido