Ribadeo achega a cardioprotección ás súas rúas coa instalación de dous desfibriladores para salvar vidas e convértese no primeiro Concello cardioprotexido de Galicia. 

Ribadeo achega a cardioprotección ás súas rúas coa instalación de dous desfibriladores para salvar vidas e convértese no primeiro Concello cardioprotexido de Galicia.

Ribadeo achega a cardioprotección ás súas rúas coa instalación de dous desfibriladores para salvar vidas e convértese no primeiro Concello cardioprotexido de Galicia.  

O alcalde, Dani Vega, explicou que “hoxe inauguramos 2 totems desfibriladores na rúa. Convertémonos no primeiro Concello que vai instalar desfibriladores externos semiautomáticos, os que coñecemos por DESA. Estarán situados na rúas San Francisco e en Rosalía de Castro.  Son espazos accesibles e evidentemente son tamén lugares onde hai moita concorrencia de persoas, polo tanto parécennos dos puntos ideais”.  

O rexedor subliñou: “comezamos por aquí, é o primeiro proxecto, é o primeiro Concello que vai facer esta proposta e concretala. Son dous DESA que vamos ter nas rúas, pero Ribadeo xa conta con dez desfibriladores en espazos públicos. Ribadeo é o primeiro Concello cardioprotexido de Galicia, porque o número por habitante é moi cuantitativo, moi cualitativo no sentido que é accesible tamén, e eu creo que é importante”.  

Vega dixo: “evidentemente é unha instalación sinxela, pero detrás de todo isto hai unha iniciativa moi importante, hai un compromiso de protexer a saúde das persoas, de estar moito máis preparados, por iso non só a colocación de 2 totems, senón que hai formación aberta para todo o público en Ribadeo. É un salto importante, un salto cualitativo, o primeiro Concello que toma esta decisión. Eu evidentemente teño que dar as grazas, en primeiro lugar á Concellería de Saúde, a Elena Sierra e a todo o seu equipo, a María Roel por tomarse en serio a saúde das persoas, traballar en iniciativas que tamén axudan a resolver problemas, e Ribadeo cardioprotexido é o primeiro contacto que unha persoa que pode ter un problema, eses minutos son vitais para resolver. Polo tanto, unha boa iniciativa. Grazas tamén á Xunta de Galicia, ao conselleiro de Sanidade, por financiarnos 100% esta proposta, á empresa que liderou esta iniciativa, a empresa que contratamos, porque tamén nos asesoraron moitísimo e nos axudaron moitísimo, grazas á Almas Industries.  E tamén ao Hospital da Público da Mariña porque detrás de toda esta proposta, detrás de toda esta iniciativa, hai moito asesoramento técnico, hai axuda por parte do hospital para desenvolver esa actividade formativa. E a Lombán, o cardiólogo,  por propoñer espazos de debate e de análise, foros sobre a cardioloxía, dese foro que se fixo o ano pasado naceu esta proposta”. 

O alcalde engadiu: “entre todos, é como se fan as cousas, entre todos é como se promove o coidado da saúde, e evidentemente o Concello de Ribadeo sigue avanzando tamén en espazos cardiosaudables, en espazos onde se garante tamén a saúde”.

No acto desenvolvido na rúa San Francisco interviñeron tamén o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, o director de Relacións Institucionais de Almas Industries, Javier Maeztu, e José Antonio Lombán, membro da directiva da Fundación Española do Corazón e da Sociedade Galega de Cardioloxía. Tamén asistiron o director do 061, Román Gómez, a directora do Hospital Público da Mariña, María José Cortés, e as concelleiras ribadenses de Comercio, Seguridade e Sanidade, Marta Saiz, Montse Seijo e Elena Sierra.

Ir o contido