Concello de Ribadeo
30 Xuño, 2025
En Ribadeo arrincou o Mercado dos Domingos con moi boas expectativas e vendas.
O Mercado dos Domingos seguirá ata o 12 de outubro.
30 Xuño, 2025
Do 1 ao 15 de xullo estará aberto o prazo de solicitude de matrícula na EMMeD para o novo alumnado do curso 2025/2026.
As persoas interesadas poderán facelo de xeito telemático a través dun formulario que se atopará na páxina web da escola.
29 Xuño, 2025
O Concello ofrécese a podar gratuitamente as palmeiras privadas para decorar a vila coas súas follas no X Ribadeo Indiano.
A concelleira de Turismo e Promoción Económica, Marta Saiz, explica que “estamos na conta atrás para o Ribadeo Indiano e desde a organización, coma todos os anos, precisamos follas de palmeiras para…
28 Xuño, 2025
Ribadeo renovou a súa páxina web turística, na que está recollida a esencia deste concello e todo o seu legado.
O rexedor contou que “Ribadeo presenta a súa páxina web renovada, onde hai espazo para aqueles iconos que temos en Ribadeo. "
27 Xuño, 2025
Do 29 de xuño ao 6 de xullo terán lugar as antevésperas e as vésperas do X Ribadeo Indiano, que inclúen teatro, música e presentacións de libros.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “a décima edición do Ribadeo Indiano está a punto de comezar."
26 Xuño, 2025
Do 29 de xuño ao 12 de outubro terá lugar unha nova edición do Mercado dos Domingos
Do 29 de xuño ao 12 de outubro terá lugar unha nova edición do Mercado dos Domingos, que foi presentado en Ribadeo.
26 Xuño, 2025
Ribadeo informará sobre a compostaxe doméstica os días 29 de xuño e 2 de xullo.
Será nunha carpa que estará instalada no mercado dos domingos o 29 de xuño e no mercado dos mércores o 2 de xullo.
25 Xuño, 2025
Ribadeo e Porriño formalizaron hoxe o seu irmandamento a través da figura do filántropo Ramón González.
O acto comezou coa recepción das autoridades na Casa Consistorial do Porriño, que sorprenderon na súa chegada caracterizados de indianos, e coa interpretación do Himno Galego.
24 Xuño, 2025
Ribadeo coloca cubrecontedores de material reciclado, que requirirán de pouca conservación. Xa se poden ver en Rinlo, que tamén conta con servizo de limpeza viaria propio.
O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos investindo e mellorando os espazos onde se colocan os contedores. Se empezábamos todo un traballo por todas as parroquias, facendo esas bases de formigón e…
21 Xuño, 2025
O programa Preto de ti, do Concello de Ribadeo, celebrou unha xornada de encontro en Santa Cruz.
Desde o Concello agradecen a participación no programa Preto de ti e tamén o traballo dos técnicos municipais, que fan posible esta iniciativa.











