Fin de semana de intensa actividade na vila ribadense. O Pepe Barrera acolleu o V Torneo Emma Cuervo Feminino e esta noite celébrase a carreira Rinlo-Ribadeo.

Fin de semana de intensa actividade na vila ribadense. O Pepe Barrera acolleu o V Torneo Emma Cuervo Feminino e esta noite celébrase a carreira Rinlo-Ribadeo. 2

Fin de semana de intensa actividade en Ribadeo. O campo municipal Pepe Barrera acolleu este mediodía o V Torneo Emma Cuervo Feminino de fútbol, que disputaron o Dépor Abanca e o CA Osasuna. O conxunto navarro foi o gañador deste torneo veraniego. 

O deporte seguirá esta noite coa celebración da carreira Rinlo-Ribadeo, que reunirá a 600 atletas nas diferentes categorías desta sétima edición. 

Presentacións de libros ou unha nova actividade da Gastroplaza tiveron lugar nas últimas horas en Ribadeo. Na praza de abastos celebrouse un obradoiro de saúde alimentaria con Saray Río, responsable de Nutre tu Plato. 

Ir o contido