O alcalde participou na inauguración do XIV Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que se celebra en Ribadeo organizado por Apaga.

O alcalde participou na inauguración do XIV Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que se celebra en Ribadeo organizado por Apaga.

O alcalde, Dani Vega, participou hoxe na inauguración do XIV Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que se celebra ata o venres nas instalacións de Apaga, entidade organizadora.

O rexedor aludiu á falla de man de obra no sector da automoción e dixo que se non hai empresas é imposible o crecemento colectivo. Vega referiuse ao polígono industrial: “a baixada do prezo do metro cadrado de 75 a 35 euros propiciou que dúas empresas xa mercasen sendas parcelas e hai unha terceira interesada en asentarse alí”.

O alcalde apostou pola formación, o coñecemento e a estratexia empresarial e animou aos asistentes a aproveitar a súa estadía en Ribadeo para coñecer a vila e os seus enclaves turísticos.

Ir o contido