Desde hoxe, 20 de agosto, e ata o 15 de setembro terán lugar as Noites de Skate, que organiza Aloha Escuela de Skate.

Do 20 de agosto ao15 de setembro terán lugar en Ribadeo as Noites de Skate.

Desde hoxe, 20 de agosto, e ata o 15 de setembro terán lugar as Noites de Skate, que organiza Aloha Escuela de Skate.  Terán lugar no Skatepark de Ribadeo de 21 a 23 horas. 

A actividade terá un custe de 5 euros/segundo explican desde a organización. As inscricións poden realizarse a través do teléfono 622 56 78 08.

O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, sinala que “seguen en Ribadeo as actividades para a nosa mocidade, organizadas polo Concello ou por empresas, como é este caso, coa nosa colaboración. O obxectivo é ofrecer diferentes alternativas e propostas para aproveitar ao máximo o verán”. 

Ir o contido