Concello de Ribadeo
9 Xullo, 2025
O luns 14 de xullo comezan as noites activas.
A rapazada gozará de fútbol sala, o divertido Wipeout (humor amarelo), baloncesto e Lasertag.
8 Xullo, 2025
O Concello de Ribadeo lanza unha nova edición de CINE NA RÚA “XOVES DE CINE”, unha proposta xa consolidada no verán ribadense.
A programación comeza este xoves coa entrega de animación ‘Chicken Run: Amencer dos Nuggets’, apta para todos os públicos.
7 Xullo, 2025
O Teatro acollerá o vindeiro sábado a presentación do libro Ramón González e Corona González Santos, un matrimonio de filántropos, de Celia Castro.
O acto dará comezo ás 11:30 horas e será presentado polo xornalista ribadense Juan Soto, un dos prologuistas da publicación.
6 Xullo, 2025
Os Bolechas no Ribadeo Indiano.
Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no quiosco da música, no Campo de San Francisco.
5 Xullo, 2025
Ribadeo acollerá do 13 ao 19 de xullo un stage de perfeccionamento técnico-táctico feminino de baloncesto.
Da man de grandes profesionais gozarán de adestramentos específicos, traballo individualizado, desenvolvemento de fundamentos técnico-tácticos ofensivos e defensivos, preparación física orientada ao…
4 Xullo, 2025
Carlos Núñez, o Mago Antón ou Pepo Suevos son algunhas das actuacións das que gozará Ribadeo no terceiro trimestre deste 2025.
A axenda cultural inclúe ademais exposicións e actividades para o público infantil.
4 Xullo, 2025
O 6 de xullo nova cita co Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa.
Este vindeiro domingo Sara Cangas actuará na rúa Amando Pérez a partires das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila.
3 Xullo, 2025
O RC Deportivo da Coruña e o Real Oviedo disputarán o Trofeo Emma Cuervo o 6 de agosto no campo municipal Pepe Barrera.
As entradas poden mercarse en varios puntos en Ribadeo: cafetería Rosa Lar, DeLira Gastronómica, Cienfuegos Bar e O Lar de Manolo e nas billeteiras do Pepe Barrera o mesmo día do partido.
3 Xullo, 2025
Mañá chega a Ribadeo o tour Enredando da Cruz Vermella, que estará no parque San Francisco.
A concelleira de Servizos Sociais, Elena Sierra, explicou que “tendremos en el Parque de San Francisco este tour de Cruz Roja, entre las diez de la mañana y las dos de la tarde."
2 Xullo, 2025
Hoxe foi asinado o convenio para a mellora do abastecemento de auga de Ribadeo e de Trabada.
O prazo de execución será de 15 meses.











