O RC Deportivo da Coruña e o Real Oviedo disputarán o Trofeo Emma Cuervo o 6 de agosto no campo municipal Pepe Barrera.

O vicedecano dos Trofeos de Verán do panorama nacional contará nesta ocasión cun cartel de luxo: o RC Deportivo da Coruña – Real Oviedo. Ambos equipos non se enfrontaban en Ribadeo dende o ano 2016 cando o Depor se impuxo por 2-0. Trátase dos dous equipos mais laureados do Emma Cuervo, o Real Oviedo conta con 40 participacións logrando gañar en 17 ocasións e o RC Deportivo da Coruña con 18, conseguindo o título en 10.
O partido terá lugar o 6 de agosto ás 19 horas no campo municipal Pepe Barrera. Os prezos das entradas serán de 20 euros para as persoas maiores de 15 anos e de 5 euros para nenas e nenos de 8 a 15 anos. Os menores de 8 anos accederán de xeito gratuíto.
As entradas poden mercarse en varios puntos en Ribadeo: cafetería Rosa Lar, DeLira Gastronómica, Cienfuegos Bar e O Lar de Manolo e nas billeteiras do Pepe Barrera o mesmo día do partido.

