O Concello de Ribadeo lanza unha nova edición de CINE NA RÚA “XOVES DE CINE”, unha proposta xa consolidada no verán ribadense.

O Concello de Ribadeo lanza unha nova edición de CINE NA RÚA “XOVES DE CINE”, unha proposta xa consolidada no verán ribadense que levará ao parque do municipio sesións gratuítas de cine para todos os públicos durante o meses de xullo.
A programación comeza este xoves:
10 DE XULLO ás 22:30 horas no parque do Concello coa entrega de animación ‘Chicken Run: Amencer dos Nuggets’, apta para todos os públicos.
17 DE XULLO longametraxe galega ‘+ CUÑADOS
24 DE XULLO EL HOTEL DE LOS LÍOS
31 DE XULLO PADRE NO HAY MÁS QUE UNO 4
7 DE AGOSTO : + CUÑADOS no Círculo Habanero A Devesa
Todas as sesións serán de balde e comezarán ás 22:30 horas. Ofrecendo unha alternativa cultural, familiar e segura para gozar das noites de verán ao aire libre.





