Concello de Ribadeo
Histórico de novas
9 Marzo, 2026
Ribadeo pon en marcha un Aula de Teatro, que botará a andar o 15 de marzo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “na Concellería de Cultura queremos animar a todas as persoas que gustan da interpretación a participar na Aula de Teatro".
7 Marzo, 2026
O 10 de marzo ábrese o prazo de inscrición para participar nas actividades que organiza o Concello de Ribadeo para a rapazada durante a Semana Santa.
A inscrición debe realizarse na Casa da Xuventude.
6 Marzo, 2026
Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron hoxe o convenio polo que a institución provincial asume o 100% do financiamento da residencia de maiores.
O alcalde, Dani Vega, considera que se trata dun bo acordo.
6 Marzo, 2026
Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron hoxe o convenio polo que a institución provincial asume o 100% do financiamento da residencia de maiores.
O alcalde, Dani Vega, considera que se trata dun bo acordo.
6 Marzo, 2026
A X Gala do Deporte do Concello de Ribadeo, que terá lugar o 18 de marzo, contará coa presenza da atleta galega Julia Vaquero.
O evento, que dará comezo ás 20:30 horas no pavillón de deportes, foi presentado polo alcalde, Dani Vega, polo concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e polo técnico municipal de Deportes,…
5 Marzo, 2026
Ribadeo organiza unhas xornadas profesionais sobre Corresponsabilidade e implicación dos homes nos coidados. Terán lugar os días 13 e 14 de marzo.
O prazo de inscrición xa está aberto e a participación é gratuíta.
5 Marzo, 2026
O 7 de marzo terá lugar o XVIII Torneo de Ximnasia Rítmica Concello de Ribadeo, que reunirá a 700 participantes.
O evento está organizado polo club local Escola Porta Norte e polo Concello, e conta coa colaboración de Acisa, Gadis, Deporte Galego, Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e Construcciones Metálicas…
4 Marzo, 2026
As obras da rúa Reinante marchan a bo ritmo. O investimento ascende a 90.000 euros.
O alcalde, Dani Vega, subliñou que estes traballos conviven perfectamente coa actividade comercial.











