As obras da rúa Reinante marchan a bo ritmo. O investimento ascende a 90.000 euros. 

As obras da rúa Reinante marchan a bo ritmo.

As obras da rúa Reinante marchan a bo ritmo. O alcalde, Dani Vega, subliñou que estes traballos conviven perfectamente coa actividade comercial. O investimento ascende a 90.000 euros. 

O rexedor dixo que “avanzan a moi bo ritmo as obras na rúa Reinante. Estamos moi satisfeitos dos traballos que se están a realizar. Conviven perfectamente coa actividade comercial, co dinamismo que ten Ribadeo. Evidentemente, tiñamos que poñerlle fin a ese traballo que se estaba a facer de parcheos e arranxos puntuais. Había que renovar a rúa Reinante”.

Vega explicou que “se trata dunha obra que ten un orzamento de máis de 90.000 euros e evidentemente fíxose o traballo de demolición, o movemento de terras, saneamento, abastecemento de auga, os solados,  que aí eliminouse todo o adoquín que estaba roto e destrozado,  substituíuse por pavimento de formigón e malla, e agora queda perfectamente soldado, ben colocado”.

O alcalde ribadense seguiu a relatar: “tamén fixemos unha canaleta para recoller perfectamente as augas. Iso está na parte da rúa que está máis preto da capela da Orde Terceira. Tamén vai haber certos arranxos no alumeado e na xestión de todos os residuos. Trátase dun traballo que está perfectamente coordinado, un traballo polo que tamén hai que felicitar aos técnicos municipais, tanto a Carlos como tamén a empresa que está facendo a obra, xa que non está dando ningún tipo de problema”.

Dani Vega comentou que “cando hai unha obra, evidentemente non poden saír os vehículos, está o tráfico cerrado, iso é algo normal. Pedimos disculpas, pero tamén pedimos que se nos entenda, é dicir para que queden ben as cousas ten que haber ese espazo no tempo para que agarre ben o adoquín, é dicir que non conviva o tráfico rodado coa obra, porque senón sería completamente un desastre. Sendo conscientes de que se causan molestias, tamén pedimos comprensión”. 

E subliñou: “é unha obra fundamental, unha obra que tiñamos moitas ganas de comezar, avanza a moi bo ritmo e vamos seguir nesa liña de inversión, de xestión para que Ribadeo siga avanzando”.

Ir o contido