Concello de Ribadeo
8 Xaneiro, 2025
Un total de 6.450 persoas pasaron pola pista de xeo de Ribadeo este Nadal, que se converteu nun auténtico reclamo no litoral norte entre Santander e A Coruña.
Así o subliñou hoxe o alcalde, Dani Vega, que fixo un balance moi positivo das pasadas festas.
7 Xaneiro, 2025
O vindeiro venres, 10 de xaneiro, terá lugar o 1º Empanadeo, organizado polo Ribadeo FC.
Será a partir das 19:00 horas na carpa situada na Avenida Rosalía de Castro.
7 Xaneiro, 2025
Gran concerto de Reis na igrexa parroquial de Ribadeo o pasado sábado.
Manoele de Felisa ofreceu un repertorio composto por alalás, romances, poemas musicados e composicións propias e despois actuou xunto á Coral Polifónica de Ribadeo e ao Coro Sagrado Corazón.
2 Xaneiro, 2025
Os Reis Magos visitarán mañá, venres, en Ribadeo a residencia de maiores e o centro de día.
Os Reis Magos visitarán mañá, venres, en Ribadeo a residencia de maiores e o centro de día.
2 Xaneiro, 2025
O alcalde, Dani Vega, cualifica de exitosa a campaña das Panchas, que rematou o pasado 31 de decembro.
O alcalde, Dani Vega, cualifica de exitosa a campaña das Panchas, que rematou o pasado 31 de decembro. Durante máis de tres meses foron canxeadas preto de 240.000 panchas.
21 Decembro, 2024
Ribadeo planifica a inversión a realizar no ano 2025.
Ribadeo planifica a inversión a realizar no 2025. Onte foi aprobado o orzamento para o vindeiro ano, que supera os 13 millóns de euros.
20 Decembro, 2024
Cento trece persoas participarán o 30 de decembro na II Marcha Interxeracional San Silvestre
Cento trece persoas participarán o 30 de decembro na II Marcha Interxeracional San Silvestre











