Concello de Ribadeo

Xunta de goberno local

O alcalde, Fernando Suárez, destaca o músculo que está a coller Ribadeo nos últimos tempos. Deste xeito refírese ás licencias de obras que concede cada quince día a xunta de goberno local.

Bandeiras azuis 2023

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, fai unha valoración positiva das bandeiras azuis que veñen de conseguir as praias de As Catedrais e Os Castros-As Illas.

Nova sinalización no río Eo

A empresa Begasa instalou nova sinalización para a navegación nos tendidos eléctricos que cruzan as partes máis altas do río Eo. Trátase de cinco localizacións, tal e como lle suxeriu o Concello no…

Charla sobre ciber seguridade

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá un curso presencial de ciber seguridade. Será o 23 de maio en horario de 11:30 a 13:00 horas.

Obras en Luz Pozo Garza

Desde hoxe está cortada ao tráfico a rúa Luz Pozo Garza, por mor das obras de mellora que realizará o Concello. O investimento ascende a 200.000 euros e o prazo de execución será de 4 meses.

Día da Xuventude

O vindeiro sábado, 29 de abril, terá lugar en Ribadeo o Día da Xuventude. Será de 16 a 21 horas no parque de San Francisco. En caso de choiva a xornada trasladarase ao pavillón municipal.

Acceso á Illa Pancha

A xustiza ven de desestimar e arquivar a denuncia por posible ilícito penal presentada hai unhas semanas contra o alcalde, Fernando Suárez, e contra o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, por…

A gruta da Torre

Cento cincuenta estudantes do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e do Ceip Gregorio Sanz participaron onte nun roteiro que xirou arredor de A gruta da torre, novela xuvenil da que é autor o lucense Lois…

Prata en remo

O Concello ofreceu unha recepción a Irene García Valle, remeira ribadense que se proclamou subcampioa de España en skiff cadete de larga distancia.

Obradoiros de queixos

Alumnado dos colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón e do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo participan estes días nos obradoiros de elaboración de queixos, que organiza o Concello e que teñen lugar no…

Ir o contido