Concello de Ribadeo

Incentivos ás empresas

O Concello de Ribadeo incentivará ás empresas que contraten ás alumnas do obradoiro dual Vilas Coidadoras, segundo anunciaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz.…

Punto violeta

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, rexeita as críticas vertidas nas últimas horas desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade e subliña o éxito do punto violeta instalado da Xira de Santa…

Atyla en Ribadeo

O famoso barco histórico Atyla estará en Ribadeo do 10 ao 13 de agosto. A embarcación atracará nas instalacións do Real Club Náutico e poderase visitar, gratuitamente, o 11 e 12 de agosto de 12 a 14…

Doazón

A Unidade Móbil de Doazón está hoxe a carón da antiga oficina de turismo. Desde o Concello animan á veciñanza a acudir a esta chamada.

Viaxando coa experiencia

Maiores do centro de día e da residencia viaxaron coa experiencia no tren turístico de Ribadeo. A Concellería de Benestar Social traballa no deseño doutras actividades para as usuarias e os usuarios…

Percebus e Xirabus

Máis de 2.000 persoas empregaron o Percebus e o Xirabus. O alcalde, Dani Vega, fai unha valoración moi positiva desta aposta pola seguridade e pola sostibilidade e anuncia que en anos sucesivos estes…

Corte de Virgen del Camino

A rúa Virgen del Camino, desde a capela ata a rotonda do Juanín, estará mañá, mércores, pechada ao tráfico durante todo o día por mor das obras que se acometerán en Luz Pozo Garza.

Campus de fútbol

Un total de 115 participantes se deron cita en Ribadeo na terceira edición do Campus do Atlético de Madrid, que deu comezo o pasado 31 de xullo e que rematará hoxe, 5 de agosto. Segundo os…

Segue o fútbol

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, agradeceu o traballo da directiva do Ribadeo FC, que logrou reunir a máis de 1.000 persoas no Trofeo Emma Cuervo. E anima a asistir mañá, sábado, ao…

Reforzo escolar

O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, recibiron no Concello ás voluntarias que un ano máis ofreceron clases de reforzo escolar a nenas e nenos ribadenses na Casa da…

Ir o contido