Concello de Ribadeo

Recepción no Concello a Antonio Balsa Val, novo deportista do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

O remeiro será residente o próximo curso no CGTD de Pontevedra.

Os días 23 e 24 de setembro terá lugar a primeira edición de Baños de Mar, que organiza o Concello de Ribadeo

Haberá charla, visita guiada, xantar campestre e moitas outras actividades, que foron presentadas pola edil de Turismo, Marta Saiz.

Día Mundial do Alzheimer

Hoxe, 21 de setembro, conmemórase o Día Mundial do Alzheimer e desde o centro de día A Concordia quixeron deixar a súa pegada no balcón do Concello. 

O alcalde, Dani Vega, asistiu no Ceip Gregorio Sanz a unha actividade desenvolvida polo Club de Buceo Illa Pancha.

A través dun documental e dunha charla-exposición achegáronlle ao alumnado os secretos que agocha o fondo mariño da ría. 

Primeira visita cursada a Ribadeo polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares

O alcalde, Dani Vega, fai unha valoración positiva da primeira visita cursada a Ribadeo polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares. 

As nenas e os nenos serán os protagonistas o 24 de setembro do Mercado dos Domingos.

 Esa xornada haberá xincana e concerto

O concelleiro de Deportes fai unha valoración moi positiva da IX Media Maratón Ribadeo – As Catedrais e agradece o traballo do voluntariado

Silvent declarou: “desde o Concello facemos unha valoración moi positiva da novena media maratón Ribadeo-As Catedrais, celebrada o pasado sábado”.

Hoxe rematou o obradoiro de emprego Vilas Coidadoras no que 20 persoas de Ribadeo e de Barreiros recibiron formación

O alcalde, Dani Vega, subliñou que “seguiremos apostando polos obradoiros deemprego apegados á realidade”.

Ir o contido