Concello de Ribadeo
Histórico de novas
13 Outubro, 2024
Hoxe partiu de Ribadeo o V Camiño Gastronómico do Mar. O alcalde destacou que pon en valor a cultura, o Camiño de Santiago e os produtos de proximidade.
O V Camiño Gastronómico do Mar percorrerá durante sete fins de semanas o treito ata Neda.
12 Outubro, 2024
As obras de mellora da estrada da costa, que darán comezo nos vindeiros días, teñen un prazo de execución de dous meses e o investimento ascende a 370.000 euros.
Vega dixo: “entendemos que é unha estrada fundamental, que vertebra todas as parroquias da costa e que nos une co concello de Barreiros".
11 Outubro, 2024
Ribadeo recibiu da Xunta a aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM para a construción do novo centro de saúde. O seguinte paseo será da compra dos terreos.
O alcalde, Dani Vega, declarou que “seguimos dando pasos importantes para ter o centro de saúde que quere Ribadeo".
9 Outubro, 2024
O 12 de outubro terá lugar en Ribadeo a II Feira do Mercado Social. Haberá actividades de lecer e animación e parladoiros divulgativos.
No acto de presentación participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, e Chus Caracas, técnica de REAS.
9 Outubro, 2024
Do 11 ao 13 de outubro terá lugar en Ribadeo a XXI Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón.
As funcións serán no auditorio municipal ás 20.00 horas os días 11,12 e 13 de outubro (venres, sábado e domingo) e a entrada terá un prezo de 3 euros”.
8 Outubro, 2024
Ribadeo gardou un minuto de silencio este mediodía en repulsa da violencia machista e en recordo de Fadoua Akkar, a muller asasinada en Moaña esta pasada fin de semana.
Ribadeo gardou un minuto de silencio este mediodía en repulsa da violencia machista e en recordo de Fadoua Akkar, a muller asasinada en Moaña esta pasada fin de semana.
8 Outubro, 2024
Coa Festa da Horta o vindeiro 13 de outubro rematarán os Mercados dos Domingos deste 2024.
Haberá obradoiros para adultos e nen@s, exposicións, degustacións, tapas especiais nos bares da contorna da praza de abastos e música.
7 Outubro, 2024
Ribadeo porá en marcha un punto de información ao peregrino e eliminará os feísmos no Camiño Norte ao seu paso polo municipio. Estes son algúns dos compromisos anunciados no transcurso das XIX Xornadas Mar por Medio, que concluíron onte.
A edil ribadense sinalou que “as Xornadas Mar por Medio, que se levaron a cabo desde o venres, podemos cualificalas de grande éxito".
3 Outubro, 2024
Mañá arrincan en Ribadeo as XIX Xornadas Mar por Medio. Ata o domingo haberá conferencias, mesa redonda, exposicións, documental e actuacións musicais.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “esta fin de semana terán lugar en Ribadeo as Xornadas Mar por Medio na súa edición número 19.
3 Outubro, 2024
Segue aberta a inscrición para participar na I Xincana de Orientación Vila de Ribadeo, que terá lugar o 19 de outubro.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “se trata de pasar unha tarde gozando da natureza e do deporte.











