Concello de Ribadeo
Histórico de novas
2 Maio, 2025
O 4 de maio segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa.
Este vindeiro domingo El Tributo de la Fila actuará nas Cuatro Calles a partires das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila.
1 Maio, 2025
Ribadeo agradécelle a Nutella que elixira a praia das Catedrais como imaxe para a súa campaña Un buen día empieza en casa.
O alcalde, Dani Vega, declarou: “sentimos un orgullo tremendo que Nutella elixira As Catedrais como imaxe para todos".
1 Maio, 2025
O 18 de maio terá lugar en Ribadeo a Barber Battle, a batalla de perruqueiros máis grande do norte de España.
Está organizada por Cristhian Barber e conta coa colaboración do Concello.
29 Abril, 2025
En Ribadeo rematan hoxe os trámites para a licitación do servizo de abastecemento de auga potable e para a expropiación de Casa Maseda.
Será no pleno municipal que se celebrará esta tarde ás 20:00 horas.
28 Abril, 2025
Ribadeo segue a mellorar as súas infraestruturas. Remataron os traballos realizados na zona de Recarei e nas rúas do Cemiterio e Irmáns Moreno Ulloa.
O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos mellorando as nosas rúas e tamén todo o seu equipamento. Na rúa do Cemiterio, toda a zona de Recarei, tamén Irmáns Moreno Ulloa, activamos unha serie de…
27 Abril, 2025
Concentración astur galaica de Mercedes W123 este domingo en Ribadeo.
Os participantes foron recibidos polo alcalde, Dani Vega, e pola concelleira de Turismo, Marta Saiz.
25 Abril, 2025
O grupo de danza da EMMeD de Ribadeo actuará en Lugo, mañá 26 de abril.
Durante a xornada matutina recibirán clases de distintos profesionais tanto do ámbito clásico como do moderno.
24 Abril, 2025
Volta o Domingueo en Ribadeo, que se desenvolverá do 27 de abril ao 6 de xullo con actuacións musicais durante seis mediodías dominicais.
Este vindeiro domingo, día 27, na rúa San Roque terá lugar a actuación de Manopuesta a partires das 13:00 horas.
24 Abril, 2025
Ribadeo acollerá o 26 de abril unha xornada de portas abertas de Kung Fu.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, indicou que “a xornada de portas abertas de Kung Fu terá lugar de 10:30 a 13:00 horas."











